RESIDUOS

Reforzo do servizo de recollida de residuos durante os días do festival O Son do Camiño

30/05/2024 Con motivo do festival O Son do Camiño, que se celebra do 30 de maio ao 1 de xuño no Monte do Gozo, o Concello de Santiago de Compostela reforzou o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria para contribuír a garantir unha xestión máis eficaz.

Para iso, instaláronse colectores específicos en diferentes puntos do perímetro do Monte do Gozo e nos accesos ao recinto. Estes colectores están deseñados para separar os distintos tipos de residuos como papel, cartón, plástico, latas, vidro e residuos xerais.

Esta medida busca facilitar a participación das persoas asistentes no coidado ambiental, axudando a manter limpa a contorna do concerto e promovendo a reciclaxe.

Recomendacións a persoas asistentes ao evento:
-Separar os residuos: solicítase ás persoas asistentes que separen os seus residuos correctamente e utilicen os contedores designados.

-Reducir o uso de plásticos: recoméndase levar botellas reutilizables (sen tapón) e minimizar o uso de plásticos dun só uso.

-Respectar as áreas comúns: manter as áreas comúns limpas é responsabilidade colectiva. Prégase non deixar lixo fóra dos contedores.

O Concello de Santiago de Compostela agradece a colaboración das persoas asistentes e participantes do festival O Son do Camiño para manter a contorna limpa e sostible, para gozar da música e da natureza sen deixar residuos.

Compartir: