TURISMO
A Mesa de Calidade compostelá aprobou en novembro do ano pasado os informes de avaliación destas 123 empresas e servizos, que a súa vez foron posteriormente ratificados polo SICTED, para o que é preciso cumprir numerosos requirimentos en materia de organización, persoal, instalacións e equipamentos, comercialización, satisfacción do cliente, xestión medio ambiental e riscos laborais, entre outros.
A Mesa de Calidade ten coma membros ao Concello de Santiago, Compostela Monumental, Axencia Turismo Galicia, Agavi, Cámara de Comercio, Asociación Guías de Galicia, Asociación de Hostelería, Fundación Santiago Centro, Turismo de Santiago, Unión Hotelera Compostela, Hostalaria.gal e Turismo de Santiago.
No acto de entrega participaron a concelleira de turismo, Míriam Louzao, o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Xosé Regueira, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, o presidente de AGAVI, Juan Rivadulla; a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos; o presidente de APIT, Tommi Alvarellos; o xerente de Compostela Monumental, José Ángel Blanco; e o directivo da Fundación Santiago Centro, Delmiro Prieto.
A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, destacou no acto que "a calidade é unha ferramenta necesaria para desenvolver un novo modelo turístico na cidade, que aposte máis polo valor engadido que polas meras cifras. Neste sentido, se queremos facer unha clara aposta polo mercados e segmentos de alto valor engadido, precisamos contar cunha oferta de calidade".
Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, fixo fincapé na necessidade de apostar por un novo modelo turístico "sostible dende o punto de vista ambiental pero tamén socioeconómico" e, nese sentido, "a calidade convértese nun elemento diferenciador que nos vai permitir buscar ese perfil de turista que valora a excelencia dos nosos destinos e propostas, mantendo sempre a autenticidade do noso territorio". Deste xeito "apostando por ese turismo baseado na calidade contribuímos á xeración de riqueza local, á fixación de poboación no rural e, por suposto, ao coidado da nosa contorna".
Finalmente, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, apuntou que o éxito do SICTED en Santiago é resultado de dúas razóns combinadas: "Por unha banda, polo traballo constante que estamos facendo dende Turismo de Santiago para a concienciación respecto da importancia da calidade para o sector turístico; e por outra banda, grazas ao esforzo que efectivamente está a facer o sector turístico da cidade para integrar nos seus negocios a calidade como un elemento fundamental para poder competir".
As empresas e servizos coa distinción de calidade turística do SICTED suben ata 126
18/04/2024 Compostela alcanza a súa maior cifra de distinguidos co SICTED dende a recuperación deste selo de calidade no 2018, cando houbo 60 distincións.
A Casa das Asociacións de Cornes acolleu onte o acto de entrega das distincións do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino que en 2023 recoñecen a 126 empresas e servizos turísticos do concello, nove máis que o ano pasado e máis do dobre das 60 que se conseguiron no 2018, cando se recuperou o traballo neste sistema de calidade. Deste xeito Turismo de Santiago continúa fomentando a calidade no sector turístico da cidade, nun proxecto no que conta co apoio da Deputación da Coruña.A Mesa de Calidade compostelá aprobou en novembro do ano pasado os informes de avaliación destas 123 empresas e servizos, que a súa vez foron posteriormente ratificados polo SICTED, para o que é preciso cumprir numerosos requirimentos en materia de organización, persoal, instalacións e equipamentos, comercialización, satisfacción do cliente, xestión medio ambiental e riscos laborais, entre outros.