CONSORCIO
Durante os próximos meses estase a elaborar, por parte do equipo técnico do Consorcio, a documentación técnica solicitada, ademais da evaluación dos proxectos presentados polas persoas e entidades solicitantes. Unha vez realizada a evaluación, poderase determinar a cuantía total da subvención a adxudicar e executar. Mentres se realizan estes traballos técnicos e de evaluación, continúan as obras beneficiarias da convocatoria do ano anterior.
Estas subvencións engloban a restauración ou reposición dos elementos especiais de madeira de interese arquitectónico (galerías, ventás e portas de entrada aos edificios), a restauración de reixas, así como as obras complementarias necesarias para a reparación de pedras de soporte deterioradas.
Ademais, tamén cubre o mantemento dos elementos da envolvente exterior, como fachadas exteriores ou patios interiores e cubertas, así como obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas coa envolvente exterior, obras de mellora do illamento acústico e consolidación, reposición ou mellora das estruturas tradicionais de madeira.
TERÉMANTER
Ter É Manter busca beneficar tanto a propietarios, arrendatorios como titulares con dereito de uso sobre o inmoble, pero tamén ás comunidades de propietarios. Desde a posta en marcha deste programa no 2006 o Consorcio de Santiago destinou máis de 6.000.000 de euros para as accións de rehabilitación e mantemento. Ademáis, desde a convocatoria ininterrompida no 2017 a cuantía destinada ás vivendas e inmobles da veciñanza compostelá aumentou.
Para poder acceder a estas axudas é requisito imprescindible que o inmoble estea localizado no ámbito de actuación do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica; que o inmoble a manter teña unha antigüidade superior aos 10 anos e que cumpra coas condicións suficientes de seguridad estrutural e estanqueidade fronte a choiva.
Continúa a boa acollida de "TER É MANTER", que recibe 74 solicitudes para este 2024
12/04/2024 Os inmobles da Cidade Histórica beneficiaranse desta subvención destinada ao mantemento e rehabilitación.
O pasado mes de xaneiro o Consorcio de Santiago lanzaba unha nova convocatoria do programa "Ter é Manter" de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas, e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, cun orzamento de 800.000 euros. Unha vez finalizada a data límite de presentación de solicitudes, o 12 de febreiro, a Oficina Técnica do Consorcio de Santiago contabilizou un total de 74 propostas.Durante os próximos meses estase a elaborar, por parte do equipo técnico do Consorcio, a documentación técnica solicitada, ademais da evaluación dos proxectos presentados polas persoas e entidades solicitantes. Unha vez realizada a evaluación, poderase determinar a cuantía total da subvención a adxudicar e executar. Mentres se realizan estes traballos técnicos e de evaluación, continúan as obras beneficiarias da convocatoria do ano anterior.