CAPITAL CULTURAL
Co título ‘Devoción wagneriana’ o programa céntrase na Sinfonía núm. 3 en re menor WAB 103, unha composición coñecida como ‘Sinfonía Wagner’ que Bruckner iniciou en 1872 e dedicou ao xenio saxón. Ben pola inseguridade e afán de perfeccionismo que a musicoloxía ten atribuído á personalidade de Anton Bruckner, ben polo afán de acadar o visto e prace de Wagner, o compositor fixo diversas revisións desta peza que, finalmente, estreou e dirixiu en 1877 e que, malia non acadar o aplauso do público, si agradou ao seu dedicatario. Nela desapareceran xa as máis das citas directas a composicións wagnerianas que incluía a versión anterior, pero aínda se identifican varios motivos claramente inspirados pola obra do seu admirado mestre, alén de ecos de Beethoven e Schubert, os outros dous autores con maior pegada na traxectoria de Bruckner. O publico vienés, fondamente dividido polo cisma estético-musical da segunda metade do século XIX que enfrontaría partidarios da música programática e progresista que exemplificaba Wagner e a liña pura e conservadora que personificaba Brahms, tardou moito tempo en recoñecer a riqueza compositiva e harmónica desta sinfonía bruckneriana que aínda experimentaría unha terceira revisión en 1889. O éxito do compositor e organista austríaco chegaría pouco antes, coa estrea da súa Sétima Sinfonía en 1884, novamente inspirada en Wagner.
A OSG
Creada en 1992 polo Concello da Coruña, e con sede no Palacio da Ópera da mesma cidade, a Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección na contorna estatal que se estende tamén á internacional grazas ao marcado alcance da súa canle de YouTube, con máis de cento setenta mil persoas subscritoras de diversos países. Roberto González-Monjas é o seu director principal, Víctor Pablo Pérez o seu director honorario e José Trigueros o seu director asociado. Nos seus concertos fóra e dentro do país, a orquestra acompáñase de solistas de sona internacional e de batutas convidadas como Dima Slobodeniouk, Gustavo Dudamel, Lorin Maazel, Eliahu Inbal, Neville Marriner, Michail Jurowski, Ton Koopman, ou Guennadi Rozdestvenski, entre outros. Financiada polo Concello da Coruña, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, a OSG foi premiada coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e co Premio Cultura Galega da Música en 2010.
Dima Slobodeniouk
Eloxiado polo seu estimulante enfoque e o seu enérxico liderado tanto por parte dos músicos como do público, Dima Slobodeniouk converteuse nun dos directores máis solicitados da súa xeración. Traballa coas orquestras máis importantes do mundo, incluídas a Filharmónica de Nova York, a Orquestra Sinfónica de Boston, a Orquestra Sinfónica de Londres, a Filharmónica de Berlín, a Gewandhausorchester Leipzig, a Filharmónica de Múnic, a Orquestra do Concertgebouw de Ámsterdam e a Orquestra Sinfónica NHK. Slobodeniouk foi director titular da OSG entre 2013 e 2022.
Entradas
Este concerto en Compostela da Orquestra Sinfónica de Galicia forma parte do programa de abono da RFG-Auditorio de Galicia na súa tempada ‘Migracións’. As entradas poden ser adquiridas a un prezo de 15 euros na páxina web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C (aberto de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas) e no do Auditorio de Galicia (aberto o propio día do concerto dende unha hora antes do seu comezo).
A Orquestra Sinfónica de Galicia volve este xoves a Compostela
03/04/2024 Dima Slobodeniouk dirixirá a OSG nun programa inspirado na devoción que Anton Bruckner profesaba por Richard Wagner. O concerto forma parte da tempada ‘Migracións’ e está dentro do programa de abono da RFG e o Auditorio de Galicia.
A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acollerá este xoves un novo concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Dima Slobodeniouk. A partir das 20.30 horas, a OSG interpretará un programa integramente dedicado á obra do compositor austríaco Anton Bruckner e á intensa admiración que este manifestou ao longo de toda a súa traxectoria por Richard Wagner.Co título ‘Devoción wagneriana’ o programa céntrase na Sinfonía núm. 3 en re menor WAB 103, unha composición coñecida como ‘Sinfonía Wagner’ que Bruckner iniciou en 1872 e dedicou ao xenio saxón. Ben pola inseguridade e afán de perfeccionismo que a musicoloxía ten atribuído á personalidade de Anton Bruckner, ben polo afán de acadar o visto e prace de Wagner, o compositor fixo diversas revisións desta peza que, finalmente, estreou e dirixiu en 1877 e que, malia non acadar o aplauso do público, si agradou ao seu dedicatario. Nela desapareceran xa as máis das citas directas a composicións wagnerianas que incluía a versión anterior, pero aínda se identifican varios motivos claramente inspirados pola obra do seu admirado mestre, alén de ecos de Beethoven e Schubert, os outros dous autores con maior pegada na traxectoria de Bruckner. O publico vienés, fondamente dividido polo cisma estético-musical da segunda metade do século XIX que enfrontaría partidarios da música programática e progresista que exemplificaba Wagner e a liña pura e conservadora que personificaba Brahms, tardou moito tempo en recoñecer a riqueza compositiva e harmónica desta sinfonía bruckneriana que aínda experimentaría unha terceira revisión en 1889. O éxito do compositor e organista austríaco chegaría pouco antes, coa estrea da súa Sétima Sinfonía en 1884, novamente inspirada en Wagner.