SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Compostela súmase este sábado á "Hora do Planeta"

22/03/2024 O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Sustentabilidade ambiental súmase este sábado, 23 de marzo, á "Hora do Planeta", unha iniciativa de concienciación ambiental que se celebra sempre o último sábado do mes de marzo. Entre as 20:30 e as 21:30 h, os edificios municipais e a Catedral de Santiago apagarán as súas luces.

A "Hora do Planeta" está considerada como unha das maiores iniciativas ambientais da historia. Celébrase a nivel mundial e ten como obxectivo sumar voces en contra do cambio climático e demostrar que a natureza importa.

Este movemento naceu en 2007 en Australia. Máis de 2,2 millóns de persoas apagaron as luces en Sidnei. Ao longo dos anos foron sumandose máis persoas e máis estados co obxectivo de concienciar sobre o valor da natureza e a biodiversidade.

Compartir: