TURISMO
Ata este domingo, o público poderá seguir probando tapas e votando ás súas preferidas, ademais de selar o Tapasporte de cada local visitado, conseguindo agasallos directos na Oficina de Turismo da rúa do Vilar por cada (é)TAPA finalizada. Entre eles atópanse abonos para a tempada do Obradoiro CAB, produtos gastronómicos de Experiencias de Calidade, noites en aloxamentos da cadea Alda Hotels, bonos para o Festival Recorda Fest, entradas aos espectáculos de humor de Etiqueta Negra Producciones, varios exemplares do último libro de Arantza Portabales asinado pola autora, comidas en Garfo e Coitelo e no Mercado Boanerges, entradas ao Museo MEGA de Estrella Galicia, masaxes descontracturantes en Fisioterapia Esteban Vagni, bonos para 4 persoas no parque acuático familiar de AwaSan, bonos para 10 adestramentos personalizados en Curves, caixas de bombones artesáns de Pedras de Santiago, mandís ou xogos de cuncas de viño, entre outros.
Ademáis, este ano os hostaleiros e hostaleiras participantes en Santiago(é)tapas recibiron un welcome pack de Experiencias de Calidade da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, cunha coidada selección de produtos certificados, entre eles grelos, queixo, Tarta de Santiago, fabas de Lourenzá, viños e licores; todos eles cunha contraetiqueta propia da Denominación de Orixe ou da Indicación Xeográfica Protexida que avala a súa calidade, e que están tendo un gran éxito na hostalería.
Máis información na web santiagoetapas.gal
Última fin de semana para conseguir agasallos no Santiago(é)Tapas
29/02/2024 A XV edición do concurso reparte este ano máis de 200 agasallos para o público que completa as (é)TAPAS, entre eles abonos dobres para a tempada do Obradoiro CAB e propostas culturais, turísticas e de saúde e benestar.
A XV edición do Santiago(é)tapas, organizada por Turismo de Santiago, rematará este domingo día 3 tras conseguir convertir a cidade no epicentro da gastronomía en pequeno formato, grazas a propostas culinarias que están a ter unha gran acollida entre o público, os máis de 200 agasallos directos entregados a quen completa algunha das 5 (é)TAPAS, e ás tres rutas especiais: Ruta Sen Glute, Ruta Doce e Ruta Vexetariana.Ata este domingo, o público poderá seguir probando tapas e votando ás súas preferidas, ademais de selar o Tapasporte de cada local visitado, conseguindo agasallos directos na Oficina de Turismo da rúa do Vilar por cada (é)TAPA finalizada. Entre eles atópanse abonos para a tempada do Obradoiro CAB, produtos gastronómicos de Experiencias de Calidade, noites en aloxamentos da cadea Alda Hotels, bonos para o Festival Recorda Fest, entradas aos espectáculos de humor de Etiqueta Negra Producciones, varios exemplares do último libro de Arantza Portabales asinado pola autora, comidas en Garfo e Coitelo e no Mercado Boanerges, entradas ao Museo MEGA de Estrella Galicia, masaxes descontracturantes en Fisioterapia Esteban Vagni, bonos para 4 persoas no parque acuático familiar de AwaSan, bonos para 10 adestramentos personalizados en Curves, caixas de bombones artesáns de Pedras de Santiago, mandís ou xogos de cuncas de viño, entre outros.
Ademáis, este ano os hostaleiros e hostaleiras participantes en Santiago(é)tapas recibiron un welcome pack de Experiencias de Calidade da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, cunha coidada selección de produtos certificados, entre eles grelos, queixo, Tarta de Santiago, fabas de Lourenzá, viños e licores; todos eles cunha contraetiqueta propia da Denominación de Orixe ou da Indicación Xeográfica Protexida que avala a súa calidade, e que están tendo un gran éxito na hostalería.
Máis información na web santiagoetapas.gal