ALCALDÍA
Tras o encontro, a rexedora explicou que ambas as institucións "temos dúas perspectivas moi diferentes" xa que a visión da Xunta de Galicia está centrada na construción do aparcadoiro "dentro do propio complexo" e o Concello ten unha "visión moito máis xeral e integral para crear unha contorna agradábel e amábel para as persoas doentes" centrada na mellora da mobilidade que pasaría por unha aposta polo transporte colectivo e un plan de transporte para os traballadores do SERGAS que a Xunta non contempla aínda que "o estudo de mobilidade xa o determinaba".
Goretti Sanmartín detallou que a Xunta ofreceu "unha proposta alternativa e distinta" na que solicita ao Concello unha achega de "3,5 millóns de euros para intervir nesa parcela sanitaria" nas actuacións definidas pola Xunta, en concreto, "na construción do aparcadoiro". "A cambio diso faríase un convenio para dotar a certos lugares do rural de saneamento e abastecemento pola mesma cantidade", segundo valorou a rexedora, "dúas cuestións que non teñen nada que ver".
Goretti Sanmartín cualificou de "pouco seria" a resposta da Xunta ante a "proposta ambiciosa e concreta" presentada polo Concello pero comprometeuse a estudar "a proposta de convenio escrita que nos quedaron de facer chegar nos próximos días". "Unha vez estudada tomaremos as decisións pertinentes, sempre facendo o que sexa mellor para a veciñanza de Santiago", aínda que recordou que a "colaboración necesaria entre as dúas administración debe facerse desde unha perspectiva integral, que non mire só a curto, senón tamén a medio e longo prazo".
O Concello estudará a nova proposta da Xunta, que solicita unha achega municipal de 3,5 millóns no aparcadoiro da parcela do CHUS a cambio dun plan de saneamento no rural
30/01/2024 Goretti Sanmartín, acompañada dos concelleiros Xan Duro, Iago Lestegás e Pilar Lueiro, mantivo esta mañá un encontro co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que os representantes da Xunta lle transmitiron ao goberno municipal unha nova proposta como resposta á remitida polo Concello a pasada semana.
A Xunta solicita un investimento municipal de 3,5 millóns de euros nas actuacións que o ente autonómico vai levar a cabo na parcela do CHUS, propiedade do SERGAS, a cambio dun plan de mellora do sistema de saneamento e abastecemento do rural polo mesmo importe. A rexedora comprometeuse a estudar a proposta e reafirmou a súa aposta por "unha solución integral do complexo do CHUS sobre mobilidade e integración urbana que supoña un beneficio para a toda a veciñanza".Tras o encontro, a rexedora explicou que ambas as institucións "temos dúas perspectivas moi diferentes" xa que a visión da Xunta de Galicia está centrada na construción do aparcadoiro "dentro do propio complexo" e o Concello ten unha "visión moito máis xeral e integral para crear unha contorna agradábel e amábel para as persoas doentes" centrada na mellora da mobilidade que pasaría por unha aposta polo transporte colectivo e un plan de transporte para os traballadores do SERGAS que a Xunta non contempla aínda que "o estudo de mobilidade xa o determinaba".