XUVENTUDE
Pola súa banda, María Rozas aproveitou a xuntanza para dar conta das iniciativas impulsadas desde a concellaría de Xuventude, como as actividades que se desenvolven no Centro Xove da Almáciga ou os orzamentos participativos na área de Xuventude, "que recuperamos este ano cunha dotación de 100.000 euros e que están a acadar un alto nivel de participación nos primeiros talleres que impulsamos nos institutos de Santiago". A tenenta de alcaldesa e o secretario de Estado de Xuventude e Infancia reiteraron a súa vontade de explorar liñas de traballo conxunto "desde o convencemento compartido de que é preciso incrementar esforzos nas políticas dirixidas á infancia e á mocidade, porque iso é investir no futuro".
Reunión de traballo co secretario de Estado de Xuventude e Infancia
29/12/2023 A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, recibiron hoxe ao Secretario de Estado de Xuventude e Infancia, de visita en Santiago para manter unha xuntanza de traballo coa concelleira de Dereito e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Rubén Pérez explicou cales son as liñas de actuación do Ministerio de Infancia e Xuventude, e mostrou a súa vontade de impulsar políticas de colaboración coas administracións locais.
O secretario de Estado de Xuventude e Infancia e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude avaliaron posibles liñas de colaboración entre ambas administracións. Rubén Pérez explicou que a vontade do Ministerio é "impulsar políticas de xuventude tamén desde o ámbito local, e procurar a cooperación cos concellos en liñas de traballo dirixidas a loitar contra a pobreza infantil, avanzar na capacitación dixital de nenos e nenas, ou reforzar accións de protección como a do fomento das familias acolledoras".Pola súa banda, María Rozas aproveitou a xuntanza para dar conta das iniciativas impulsadas desde a concellaría de Xuventude, como as actividades que se desenvolven no Centro Xove da Almáciga ou os orzamentos participativos na área de Xuventude, "que recuperamos este ano cunha dotación de 100.000 euros e que están a acadar un alto nivel de participación nos primeiros talleres que impulsamos nos institutos de Santiago". A tenenta de alcaldesa e o secretario de Estado de Xuventude e Infancia reiteraron a súa vontade de explorar liñas de traballo conxunto "desde o convencemento compartido de que é preciso incrementar esforzos nas políticas dirixidas á infancia e á mocidade, porque iso é investir no futuro".