ALCALDÍA
Na recepción estiveron presentes representantes de todos os grupos municipais, e autoridades como o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra, Juan Francisco Arrazola Martínez; así como outras autoridades.
Actos protocolarios
Antes da cerimonia relixiosa, o delegado rexio pasou revista ás tropas na praza do Obradoiro. Finalizada a revista, o delegado despediu a bandeira e ás tropas, e dirixiuse cara ás autoridades civís presentes na praza para saudalas. Xa dentro da Catedral produciuse o encontro entre a procesión civil e a eclesiástica e o saúdo do delegado rexio co arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, antes do comezo da cerimonia relixiosa e a Ofrenda ao Apóstolo Santiago.
Unha tradición de séculos
A cerimonia da Translación celébrase anualmente o 30 de decembro en recordo do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia (Padrón). Segundo a tradición, a Raíña Lupa, soberana das terras, enviou tropas en persecución da comitiva apostólica, que foi salvada por un milagre que afogou aos perseguidores nas augas do río Tambre.
A Raíña Lupa quedou tan abraiada por este feito que ofreceu a súa axuda aos discípulos para que puideran soterrar os restos do Apóstolo, que son trasladados nun carro tirado por bois que ao azar buscan o lugar para o repouso do fillo de Zebedeo. Tras deterse (sempre segundo a lenda) na fonte da actual rúa do Franco, os bois continúan o seu camiño ata quedar inmóbiles no lugar que dende aquela se denomina Libredón (Liberum domum, regalo libre), onde é soterrado e pasa ao esquecemento o Apóstolo ata o seu posterior descubrimento no ano 813 por un eremita.
O rei Alfonso VI realizou no ano 1109 a primeira ofrenda da Translación, entregando unha ducia de talentos de ouro e outra de marcos de prata. En 1642, baixo o reinado de Felipe IV esta cerimonia institucionalízase con carácter definitivo. Dende entón actúa como oferente o Rei ou un delegado rexio.
Recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio no acto de Translación dos restos do Apóstolo
30/12/2023 Como cada 30 de decembro, a capital de Galicia acolleu o acto de Translación dos restos do Apóstolo Santiago, cuxo delegado rexio foi, neste 2023, o presidente da Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices. Finalizada a cerimonia relixiosa na Catedral, a comitiva oficial foi recibida no Pazo de Raxoi pola alcaldesa accidental, María Rozas, e boa parte da Corporación Municipal.
O delegado rexio, Miguel Ángel Santalices, asinou no Libro de Honra do Concello de Santiago e pronunciou unhas verbas de agradecemento no Salón Vermello. A alcaldesa accidental da cidade, María Rozas, deu a benvida a todos os asistentes "á casa de todos os santiagueses e todas as santiaguesas" e tamén como capital de Galicia "casa de todos os galegos e as galegas" no nome do conxunto da Corporación municipal.Na recepción estiveron presentes representantes de todos os grupos municipais, e autoridades como o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra, Juan Francisco Arrazola Martínez; así como outras autoridades.