COMERCIO
Preto de 12.000 persoas descargaran un total de 21.650 bonos de 50 euros, cantidade da que o 40% corría a cargo do Concello e o 60% restante dos consumidores e consumidoras. En canto ao número de establecementos activos na campaña, finalmente foron 560.
A concelleira de Promoción Económica reiterou a boa acollida da convocatoria, "que esgotou os bonos dispoñibles en pouco máis de 30 horas, e que contou cunha moi elevada participación da hostalería e o comercio locais". María Rozas lembrou que "estas axudas foron concibidas pensando nos sectores máis prexudicados pola crise da Covid, e o seu obxectivo segue sendo o mesmo: dinamizar o comercio local fronte á auxe das compras online e das grandes superficies, mais tendo en conta que estamos nun contexto moi diferente ao da pandemia".
Os Bonos Corazón mobilizaron case 1,4 millóns de euros no comercio e a hostalería de Santiago
28/12/2023 A campaña dos Bonos Corazón, que finalizou o pasado día 22, concluiu cun volume de vendas de case 1,4 millóns de euros en 560 establecementos de comercio e hostalería de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fixo hoxe balance do programa, do que se beneficiaron ademais 12.000 persoas.
Entre o 17 de novembro e o 22 de decembro, os Bonos Corazón traducíronse nunhas vendas totais de 1.385.930,37 euros. O orzamento municipal destinado ás axudas era de 433.000 euros, e só quedaron sen gastar 4.299,77 euros. Das achegas propias dos usuarios e usuarias, quedaron sen consumir 1.667,48 euros. En total, cada persoa que tiña descargados os Bonos Corazón deixou sen gastar unha media que ronda os 50 céntimos.Preto de 12.000 persoas descargaran un total de 21.650 bonos de 50 euros, cantidade da que o 40% corría a cargo do Concello e o 60% restante dos consumidores e consumidoras. En canto ao número de establecementos activos na campaña, finalmente foron 560.