CAPITAL CULTURAL
A gañadora do Premio SELIC recibirá unha recompensa económica de 6000 euros e a súa obra será publicada na colección SELIC que edita o Concello de Santiago.
O xurado que seleccionou a obras gañadora desta edición dos Premios SELIC estivo integrado por Margarita Tojo González, Manuel Carlos Núñez Singala, María do Carme Varela Rodríguez, Bieito Iglesias Araujo e Carlos Valdés García, asistidos polo técnico municipal de programación e xestión cultural Xesús Amado, en calidade de secretario.
Montse Fajardo
Montse Fajardo Pérez (Vilagarcía, 1973) é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas, mais a súa traxectoria profesional vinculouse nomeadamente ao xornalismo, especializándose nos últimos anos en memoria histórica e feminismo.
Ata xullo de 2023 foi técnica de memoria histórica na Deputación de Pontevedra, cargo que asumiu en 2021. Entre ese ano e o 2014 coordinou o proxecto 'A memoria das mulleres', promovido pola Concellaría de Patrimonio do Concello de Pontevedra, e anteriormente traballou como redactora en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo. Actualmente é colaboradora habitual do faladoiro radiofónico de Radio Arosa-Cadena SER e do xornal Nós Diario.
En solitario é autora dos libros Matriarcas (2012), Un cesto de mazás (2015), Invisibles. (2017), O escalón de Ulises (2018) e A vida incerta (2020).
Foi comisaria e autora dos textos das exposicións itinerantes Sinaladas, a loita das galegas no século XX, (Deputación da Coruña, 2023) e Rexas, mulleres baixo o terror franquista, (Deputación de Pontevedra, 2017). Ademais foi co-comisaria e co-autora da exposición Do gris ao violeta (Concello de Pontevedra, 2016).
Como técnica de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra coordinou as xornadas Na loita contra a impunidade celebradas en Pontevedra entre 2019 e 2022, e varios libros sobre memoria, para os que ademais escribiu capítulos.
En 2018 foi a gañadora do premio de Xornalismo Lueiro Rey do Concello de Fornelo de Montes polo seu artigo "O universo de Carlos" protagonizado por un neno con autismo.
Montserrat Fajardo, gañadora da edición 2023 dos Premios SELIC con 'Onde habita a tolemia'
27/12/2023 Montserrat Fajardo é a gañadora da séptima edición dos Premios SELIC de creación literaria na modalidade de ensaio, pola súa obra 'Onde habita a tolemia' na que a autora visibiliza a enfermidade mental e a represión institucional contra as mulleres psiquiatrizadas nunha historia ambientada nunha institución mental de Santiago.
O xurado considera que a obra 'Onde habita a tolemia' é merecedora da edición deste ano polo "interese da temática e a abordaxe da cidade desde unha óptica pouco frecuente", xa que se centra "nunha institución cunha presenza fundamental en Compostela e visibiliza a enfermidade mental". Tamén se valorou a capacidade da autora para deixar "entrever a represión institucional contra as mulleres psiquiatrizadas na posguerra e narra historias de vida emocionantes cunha polifonía de voces".A gañadora do Premio SELIC recibirá unha recompensa económica de 6000 euros e a súa obra será publicada na colección SELIC que edita o Concello de Santiago.