ALCALDÍA
A alcaldesa confirmou a participación do sector hostaleiro na campaña municipal 'Fala Baixiño' que busca "sensibilizar ao conxunto da poboación sobre a necesidade de facer puco ruído no exterior dos locais para garantir o descanso da veciñanza" e que será presentada este venres nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.
No tocante á instrución para garantir a seguridade e accesibilidade dos locais abertos ao públicos, Goretti Sanmartín tamén expresou o seu compromiso de "restrinxir esas inspeccións ao ámbito que marca a instrución", neste caso, o de prevención e evacuación de incendios, "algo que lle interesa tanto aos locais de hostalaría como o conxunto da poboación de Santiago".
Pola súa parte, o sector manifestou a súa "simpatía e colaboración" coa campaña Fala Baixiño para "traballar pola convivencia" e tamén ven con "bos ollos avanzar no diálogo fluído" co Concello de Santiago e comprometéronse a "estudar e matizar" a proposta presentada. Tamén se amosaron satisfeitos co compromiso do Concello de acotar as inspeccións ao ámbito da seguridade contra incendios.
Concello e hostaleiros avanzan na creación dunha mesa para o diálogo co sector
29/11/2023 Na reunión confirmouse a adhesión dos hostaleiros á campaña municipal 'Fala Baixiño' e a vontade conxunta das dúas partes para a creación dunha mesa que sirva de "canle formal, estábel e de diálogo entre o Concello e as asociacións de hostalaría", como indicou a alcaldesa. Participaron na xuntanza a rexedora de Santiago, Goretti Sanmartín; os/as concelleiros/as María Rozas, Míriam Louzao e Iago Lestegás; e os/as representantes das principais asociacións de hostalaría da cidade.
Tras o encontro, a rexedora congratulouse da boa acollida da proposta para establecer "unha canle formal, estábel e de diálogo entre o Concello e as asociacións de hostalaría". "Presentamos un primeiro borrador do que podería ser unha proposta a respecto do funcionamento desa mesa de hostalaría que se vai estudar a partir das próximas semanas", engadiu.A alcaldesa confirmou a participación do sector hostaleiro na campaña municipal 'Fala Baixiño' que busca "sensibilizar ao conxunto da poboación sobre a necesidade de facer puco ruído no exterior dos locais para garantir o descanso da veciñanza" e que será presentada este venres nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.