DEPORTES
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, mostrouse satisfeita de que Santiago se sitúe "ao nivel de cidades como Barcelona, Sevilla ou Madrid" e agradeceu o labor do "Club Natación Santiago que co seu traballo e dedicación fainos sentir orgullosos e orgullosas duns nadadores e nadadoras que veñen de acadar un gran resultado no Campionato de Europa Master" que "sitúan a natación compostelá nun moi bo nivel".
Esta competición está dirixida ás categorías Alevín e Infantil, e celebrarase en horario de mañá e tarde. Os alevíns comezarán a competición ás 10:00 e a entrega dos premios será sobre as 12:15 horas e, xa pola tarde, os infantís iniciarán ás 16:30 horas e entrega de premios será sobre as 18:45 horas.
En total participarán 246 nadadores de 18 clubs de Galicia, e fóra de Galicia. O CDN Cidade de Santiago estará representado por 22 nadadores, 11 alevíns e 11
infantís.
Co respaldo do Consello Superior de Deportes e da RFEN, os gañadores da competición terán varios premios, entre os que destaca o dereito a participar no Campus de Tecnificación Mireia Belmonte no CAR de San Cugat en Barcelona, os días 15, 16 e 17 de decembro, asesorados da campiona olímpica e Marca do Mundo española.
Preto de 250 deportistas participarán este sábado no Open Promesas Mireia Belmonte
29/11/2023 A piscina de Santa Isabel acollerá este sábado 2 de decembro o 'Open Promesas Mireia Belmonte by Hyundai' no que participarán 246 nadadores e nadadoras de 18 clubs de Galicia e de fóra de Galicia. A competición presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi da man da concelleira de Deportes, Pilar Luiero, e o presidente do Club de Natación Ciudad de Santiago, José Rioseco.
O CDN Cidade de Santiago coa colaboración do Concello, organiza o vindeiro sábado 2 de decembro na piscina de Santa Isabel o 'Open Promesas Mireia Belmonte by Hyundai', unha competición a nivel nacional para promocionar a natación entre os máis novos e atopar ás futuras promesas. Esta competición está composta por 6 probas independentes celebradas en cidades cunha cultura de natación arraigada como son: Barcelona, Madrid, Sevilla, Castelló, Bilbao e Santiago de Compostela.A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, mostrouse satisfeita de que Santiago se sitúe "ao nivel de cidades como Barcelona, Sevilla ou Madrid" e agradeceu o labor do "Club Natación Santiago que co seu traballo e dedicación fainos sentir orgullosos e orgullosas duns nadadores e nadadoras que veñen de acadar un gran resultado no Campionato de Europa Master" que "sitúan a natación compostelá nun moi bo nivel".