CONVIVENCIA

Membros de Protección Civil das Illas Canarias impartirán unha charla sobre a xestión e os efectos da erupción volcánica na Illa da Palma

29/11/2023 O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e varios membros da Corporación municipal recibiron esta mañá aos responsables de Protección Civil de Llanos de Ariane, Santa Cruz de Tenerife e de Tegueste que se atopan en Santiago para dar unha charla sobre a xestión da emerxencia volcánica na Illa da Palma en 2021. Esta conversa terá lugar mañá xoves, 20 de decembro, no edificio CERSIA e está aberta a todas as persoas interesadas.

O edificio CERSIA de San Lázaro acollerá mañá, xoves 30 ás 19:30 horas, unha charla sobre a actuación dos membros de Protección Civil das Illas Canarias durante a emerxencia volcánica na Illa da Palma, impartida por Domingo José Hernández, coordinador de Servicios de Protección Civil de Los Llanos de Aridane; Santiago Carlos Martín, xefe da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santa Cruz de Tenerife; e Francisco Javier Martín Bello, xefe da Agrupación de Protección Civil de Tegueste.

Aproveitando a súa estadía en Santiago, os representantes canarios de PC foron recibidos no Pazo de Raxoi polo concelleiro de Convivencia, Xan Duro, e varios membros da Corporación municipal.

Compartir: