XUNTA DE GOBERNO
O Programa municipal de conciliación de Nadal 2023 desenvolverase durante o período de vacacións escolares de Nadal, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. As familias interesadas poderán solicitar as dúas quendas ou unha delas coas diferentes modalidades e servizos. Así, o horario será de 9 a 14 horas e ofrécese a posibilidade de que as familias poidan solicitar un servizo de madrugadores con almorzo (de 7.45 a 9 horas) e un servizo de comedor (de 14 a 16 horas).
En total, o Concello de Santiago ofrece 95 prazas entre os dous centros, das que 12 estarán reservadas para nenos e nenas con informe do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Santiago que terán carácter de acceso prioritario ao programa. Asemade, ofértanse 50 prazas para o servizo de comedor e 30 para o de madrugadores.
Os prezos completos (con almorzo, xantar e actividades) para os nove días é de 99 euros. Se a nena ou neno vai só á primeira quenda, a de decembro, a tarifa é de 55,50 euros; e de 43,50 euros para a quenda do mes de xaneiro. Co obxecto de favorecer a participación das persoas usuarias con escasos recursos, establécense unhas reducións do 50 e do 100% dos prezos ordinarios.
Solicitude da praza
Este programa de conciliación está destinado a nenas e nenos que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria (ambos os dous inclusive). As persoas usuarias deberán estar empadroadas no Concello de Santiago ou escolarizados nun centro de ensino do municipio.
O prazo de inscrición abre mañá, martes 31 de outubro e finaliza o 9 de novembro, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado, nos prazos establecidos ao efecto, a través da sede electrónica do Concello de Santiago, no trámite "Inscrición nos programas de conciliación do Departamento de Educación" dentro do catálogo de trámites dispoñible; ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras).
Aberto a partir do martes 31 de outubro o prazo para solicitar as prazas para o programa de conciliación de Nadal
30/10/2023 A Xunta de Goberno local, reunida esta mañá en sesión ordinaria, aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión para o "Programa municipal de conciliación de Nadal 2023" que se vai desenvolver nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes entre o 22 e o 29 de decembro e entre o 2 e o 5 de xaneiro. O programa está dirixido á cativada escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, e o prazo de inscrición permanecerá aberto dende mañá, martes 31 de outubro, ata o 9 de novembro.
Este programa ten, entre os seus obxectivos, favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e persona; e dar resposta á necesidade que teñen os menores de ocupar o seu tempo de ocio e tempo de lecer no verán, de xeito dinámico e divertido e desde unha perspectiva perspectiva educativa e integradora.O Programa municipal de conciliación de Nadal 2023 desenvolverase durante o período de vacacións escolares de Nadal, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. As familias interesadas poderán solicitar as dúas quendas ou unha delas coas diferentes modalidades e servizos. Así, o horario será de 9 a 14 horas e ofrécese a posibilidade de que as familias poidan solicitar un servizo de madrugadores con almorzo (de 7.45 a 9 horas) e un servizo de comedor (de 14 a 16 horas).