XUNTA DE GOBERNO
O período de solicitude iniciarase a partir da data de publicación da convocatoria no BOP da Coruña e rematará o 20 de outubro de 2023. O prazo de xustificación é o mesmo que o de solicitude.
A convocatoria, pendente de publicarse no BOP, establece que as actividades subvencionables son todas aquelas que teñan un carácter cultural, que se executen dentro do termo municipal de Santiago e que sexan abertas ao público. Non poderán ser subvencionables as actividades gastronómicas nin os cursos formativos.
Os gastos elixibles serán aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nas bases reguladoras, en particular: programación (por exemplo: cachés), persoal, produción, medios técnicos, promoción, publicidade ou gastos xerais. O importe máximo da subvención para cada actividade será do 80 % do seu orzamento cun límite máximo de 45.000 euros.
No proceso de avaliación das solicitudes teranse en conta criterios como a capacidade de crear de novos públicos, a integración da perspectiva e da igualdade de xénero, a posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial, o uso da lingua galega ou a realización de actuacións nos barrios, entre outros.
Rehabilitación de vivendas
O executivo municipal tamén deu luz verde á concesión de subvencións por un valor total de 171.235,53 euros para a rehabilitación de vivendas na cidade histórica e nos barrios de Vista Alegre e Vite, declaradas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) por motivos de interese arquitectónico, cultural ou social.
En concreto, destinaranse un total de 59.983,43 euros para a rehabilitación de cinco vivendas da cidade histórica, sitas nas rúas do Olvido, Pitelos, Carballeira de San Lourenzo, e outras dúas na rúa de San Clemente; 99.845,95 euros para un edificio da rúa de Santa Uxía de Ribeira no barrio de Vista Alegre, e 11.406,15 euros para unha vivenda sita en Vite, na avenida de Castelao.
O Concello de Santiago destina 250.000 euros a apoiar actividades desenvolvidas polo sector cultural profesional
28/09/2023 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, deu luz verde ás bases da convocatoria de subvencións por un importe total de 250.000 euros para financiar iniciativas e accións de carácter cultural proxectadas e desenvolvidas polos profesionais do ámbito. O executivo municipal tamén acordou a concesión de subvencións por un valor total de 171.235,53 euros para a rehabilitación de vivendas na cidade histórica e nos barrios de Vista Alegre e Vite.
O executivo municipal aprobou as bases da convocatoria de axudas por un importe total de 250.000 euros para apoiar actividades culturais desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 20 de outubro de 2023 por persoas físicas ou xurídicas de carácter profesional.O período de solicitude iniciarase a partir da data de publicación da convocatoria no BOP da Coruña e rematará o 20 de outubro de 2023. O prazo de xustificación é o mesmo que o de solicitude.