CONSORCIO
Estas actuacións desenvolveranse no Auditorio de Galicia cun programa sorpresa baixo a batuta do director titular e artístico da Real Filharmonía, Baldur Brönnimann. O primeiro dos concertos está destinado a pacientes con doenzas e para o do día seguinte, xa aberto ao público xeral, hai entradas á venda dispoñibles a un prezo de 3€.
Sensoxenoma23 é a continuación dos primeiros concertos experimentais que se realizaron en setembro de 2022, cuns resultados que axudan a entender por primeira vez obxectivamente o efecto beneficioso da música nas persoas con deterioro cognitivo. Ese primeiro paso centrouse en estudar os efectos da música en distintos contextos da patoloxía humana coma o cancro, alzhéimer, trastorno de espectro autista (TEA) ou dano cerebral, entre outros, co fin de obter datos a grande escala, analizalos con rigor científico usando técnicas de vangarda e, eventualmente, poder proporcionar ferramentas que melloren a calidade de vida das persoas con este tipo de enfermidades.
Este ano, o concerto do venres 29 de setembro centrarase en agrupacións de pacientes con doenzas pertencentes á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a ONCE, ASPANAES e ASPERGA, mentres que na actuación do sábado 30, que será aberta ao público xeral, recollerase unha pequena mostra seleccionada como grupo control.
Desde a organización incídese en que malia que este ano non se recollerán mostras do público xeral, necesitarase o apoio do público para crear o ambiente habitual dun gran concerto. As entradas poderanse mercar nos puntos de venda habituais así como a través da páxina web compostelacultura.gal.
Sensoxenoma vive no Auditorio de Galicia a súa segunda edición
27/09/2023 No concerto do sábado 30, que será aberto ao público, Baldur Brönnimann dirixirá a Real Filharmonía de Galicia cun programa sorpresa. Desde a organización incídese en que é preciso o apoio do público para crear o ambiente dun gran concerto.
A Real Filharmonía de Galicia ofrece este venres 29 e sábado 30 de setembro ás 18:30h dous concertos dentro do proxecto Sensoxenoma23 no que os grupos de investigación multidisciplinar GenPoB (Grupo de Xenética de Poboacións en Biomedicina) e GenVIP (Grupo de Investigación en Xenética, Vacinas e enfermidades infecciosas) do Instituto de Investigación Sanitaria e da Universidade de Santiago de Compostela buscan pescudar como inflúe a música na expresión dos nosos xenes.Estas actuacións desenvolveranse no Auditorio de Galicia cun programa sorpresa baixo a batuta do director titular e artístico da Real Filharmonía, Baldur Brönnimann. O primeiro dos concertos está destinado a pacientes con doenzas e para o do día seguinte, xa aberto ao público xeral, hai entradas á venda dispoñibles a un prezo de 3€.