DEPORTES
Competición
A xornada central do "3×3 Camiño a Compostela" será a do sábado, 2 de setembro, na que se porán en xogo dúas categorías mixtas: sénior e júnior e cadete e infantil. En ambas categorías, os gañadores veranse recompensados cun premio de 200 euros en material deportivo. Unha fase de grupos clasificatoria a unha volta e as posteriores cruces, configurarán o formato de xogo.
O domingo, 3 de setembro, o "3×3 Camiño a Compostela" abrirase a todas as categorías, desde preminibasket ata sénior, nun xornada de carácter lúdico na que non haberá competición e sen límite de prazas para participar.
Neste caso, o 3×3 tamén será mixto e poderán participar equipos non presentes na xornada do sábado ou aqueles que desexen facelo en ambas datas.
Máis de 340 xogadores e xogadoras de baloncesto participarán este sábado no 3x3 "Camiño a Compostela" no Área Central
31/08/2023 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá a I edición do 3x3 "Camiño a Compostela", que organizan a Federación Española e Galega de Baloncesto co apoio do Concello de Santiago. Este torneo desenvolverase o sábado 2 e domingo 3 de setembro na praza Europa de Área Central.
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, presentou a I edición do 3x3 "Camiño a Compostela" que terá lugar esta fin de semana na praza exterior do Centro Comercial Área Central. Previamente, o venres, 1 de setembro, os 345 participantes, procedentes de equipos de toda Galicia, realizarán o último tramo do Camiño de de Santiago en peregrinación ata a praza do Obradoiro.Competición