URBANISMO
Desde o Concello de Santiago advertíuselle á empresa que con esta paralización se poderán adoptar as medidas provisionais necesarias para garantir a total interrupción da actividade, tales como precintado das obras, a retirada de materiais e maquinaria, a suspensión de subministracións ou a execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, que se reiterarán ata acadar o cumprimento da orde de paralización e calquera outra medida que sexa conveniente a prol da efectividade da suspensión.
O Concello paraliza as obras nos accesos á parcela da gasolineira de Brandia
26/07/2023 O Concello de Santiago decretou a paralización das obras en execución por Carburantes Lugo SL nos accesos da parcela de Brandia e a suspensión dos usos que destas se derivan, ao non axustarse ás condicións sinaladas no título municipal habilitante pendente da primeira ocupación. Esta paralización e suspensión, asinada o 20 de xullo de 2023, é executiva con carácter inmediato.
Ademais, estas obras tampouco contan coa autorización para acceso permanente ao estar pendentes de que a comunicación previa de primeira ocupación despregue os seus efectos, condición necesaria para a autorización.Desde o Concello de Santiago advertíuselle á empresa que con esta paralización se poderán adoptar as medidas provisionais necesarias para garantir a total interrupción da actividade, tales como precintado das obras, a retirada de materiais e maquinaria, a suspensión de subministracións ou a execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, que se reiterarán ata acadar o cumprimento da orde de paralización e calquera outra medida que sexa conveniente a prol da efectividade da suspensión.