DEPORTES
Nesta proba, que comezará a partir das 11 horas, participarán deportistas de todas as idades que correrán diferentes distancias, en función da categoría. O percorrido total terá arredor de 5 quilómetros, o que supón dúas voltas a un trazado de 2,7 quilómetros que ten como punto de partida e meta o estanque da Residencia Universitaria (avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). Despois da carreira absoluta, terá lugar unha andaina de 5 quilómetros. O percorrido de ambas probas desenvolverase pola Alameda e a Residencia Universitaria.
Entregaranse premios aos/ás tres primeiros/as corredores/as da categoría absoluta, tanto masculina como feminina e haberá un gañador absoluto e unha gañadora absoluta da Carreira, que corresponderá á mellor marca de tempo. As categorías de peques e escolares recibirán todos un agasallo por participar.
Tamén se entregará un premio aos tres primeiros clubs absolutos. A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as na cruzar a liña de meta, pola suma das súas posicións, gañando o equipo con menos puntos. No caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique ao seu 6º compoñente.
Visibilización e recadación
Os beneficios obtidos da inscrición para a carreira e a andaina solidaria serán destinados integramente á Asociación Guerreros Púrpura para o desenvolvemento do seu programa de actividades co que pretenden visibilizar e mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con epilepsia e enfermedades raras neurolóxicas e metabólicas.
Ademais, a asociación finaliza mañá en Santiago o ambicioso proxecto de realizar o Camiño con familias e nenos con discapacidade, mobilidade reducida, en cadeira de rodas ou hemiparesia. Esta experiencia, puídose levar a cabo co acompañamento de médicos e enfermeiras, persoal especializado en lecer e deporte inclusivo, autocar adaptado, ambulancia, apoio loxístico de subministración de osíxeno, furgoneta escoba, furgoneta con produtos de apoio para os tramos non accesibles e hoteis accesibles. A viaxe concluirá mañá 30 de xuñocoa súa chegada a Santiago.
A asociación Guerreros Púrpura, con sede en Madrid, adícase a mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con afectacións neurolóxicas, metabólicas e endocrinas que en moitos casos teñen epilepsia causada por unha enfermidade rara.
Santiago acollerá este sábado a III Carreira Guerreira polos nenos e nenas con epilepsia e enfermidades raras
29/06/2023 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá a terceira edición da Carreira Guerreira que se celebrará o vindeiro sábado 1 de xullo e cuxos beneficios irán destinados integramente ás iniciativas desenvolvidas pola Asociación Guerreros Púrpura para visibilizar e mellorar a calidade de vida de nenas e nenos con epilepsia e enfermidades raras neurolóxicas e metabólicas.
A Asociación Guerreros Púrpura en colaboración co Concello de Santiago, a Federación Gallega de Atletismo e a Unión Galega de Epilepsia (UGADE), organizan este sábado 1 de xullo, a terceira edición da Carreira Guerreira, unha carreira e andaina solidaria polos nenos e nenas con epilepsia e enfermedades raras.Nesta proba, que comezará a partir das 11 horas, participarán deportistas de todas as idades que correrán diferentes distancias, en función da categoría. O percorrido total terá arredor de 5 quilómetros, o que supón dúas voltas a un trazado de 2,7 quilómetros que ten como punto de partida e meta o estanque da Residencia Universitaria (avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). Despois da carreira absoluta, terá lugar unha andaina de 5 quilómetros. O percorrido de ambas probas desenvolverase pola Alameda e a Residencia Universitaria.