MEDIO AMBIENTE
O "Proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago. Entre o Sar e o Sarela" ten como obxectivo xerar un modelo urbano sostible aumentando a súa infraestructura verde, potenciando a conectividade ambiental do conxunto e rexenerando áreas ambientalmente degradadas que permitan crear novos ecosistemas e así como incrementar a biodiversidade. Este obxectivo asentarase sobre a 'Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela' que será elaborada no marco do proxecto.
Esta iniciativa que está en liña coa "Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032" e tamén coa Axenda Urbana 2030 aprobada pola Corporación municipal, pretende mellorar a habitabilidade no espazo urbano e aumentar a resiliencia da cidade ante os efectos do cambio climático para dar cumprimento á Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética.
O obxectivo final é lograr unha contorna urbana resiliente e fomentar a renaturalización urbana e fluvial da cidade. Para isto, búscase liberar o espazo público e transformar áreas actualmente destinadas ao tráfico rodado con solucións baseadas na natureza, creando Zonas de Baixas Emisións, así como favorecer a recuperación do ciclo natural do agua e as escorrentías naturales do territorio.
Tamén se potenciará a infraestructura verde na contorna urbana a través da restauración dos ecosistemas naturais e a conectividade dos espacios naturais, co fin de lograr unha rede interconectada de corredores naturais a modo de cinto verde, incrementendo os espazos de ocio e potenciando a biodiversidade na área.
Para implementar as diferentes accións, procurarase a implicación da cidadanía e outros axentes locais como o Consorcio de Santiago, colectivos, entidades, asociaciones ou organizacións, e tamén se levarán a cabo accións de sensibilización sobre a relación natureza-biodiversidade coa cidade e o seu impacto na saúde, no benestar colectivo e na habitabilidade do espazo urbano.
Áreas de actuación
As cinco actuacións integradas no proxecto son o "Barrio Verde de Pontepedriña", que contempla a a renaturalización da zona e creación dun corredor ecolóxico urbano. O ámbito de actuación é o barrio de Pontepedriña entre a rúa do escultor Camilo Otero, a praza Pintor Laxeiro e a rúa Amor Ruibal, cunha elevada porcentaxe de espazo público destinado ao tráfico rodado. Esta zona presenta un elevado potencial para impulsar unha renaturalización de alto impacto, ao limitar co Parque Eugenio Granell, parte do Anel Verde exterior. O investimento estimado é de 1.785.685,25 euros, sen IVE. Esta actuación daría continuidade ao proxecto do Restollal, cun carríl para cada sentido da circulación, e un carril bici na marxe esquerda que se completaría coa presenza de vexetación autóctona recuperando espazo verde do espazo gris actual.
A seguinte actuación é a "Naturalización da lagoa do Auditorio de Galicia, restauración fluvial do Río Corgo e mellora ecolóxica", que contempla un investimento estimado de 816.494,25 euros, sen IVE. Proponse a reparación do vaso da lagoa, mellora da impermeabilización e a eliminación do sedimento acumulado, a restauración da canle fluvial do río Corgo (nas zonas dos xardíns do Auditorio, Finca de Lois e parque das Nacions), a colocación de illas flotantes vexetais que contribúan á oxixenación e depuración da auga, e a transformación da iluminación da contorna, previo estudo, acadando o equilibrio entre a iluminación funcional e a preservación da biodiversidade.
A terceira, tamén de consolidación do Anel Verde exterior e a "Restauración ambiental e creación do laboratorio vivo-urbano agroecolóxico no xardín botánico". Ten un investimento estimado de 219.256,60 euros. Procúrase a conservación e restauración fluvial do corredor ecolóxico do río Sarela, así como reforzar a restauración do bosque autóctono de carballeira e acondicionar a rede de carreiros internos das áreas verdes e zonas de estancia, incluíndo medidas de accesibilidade.
A cuarta actuación, tamén incluída na consolidación do Anel Verde exterior, é a "Recualificación e recuperación ambiental da área verde do barrio de Cornes". A proposta,que contaría cun orzamento estimado de 225.724,37 euros, propón actuar no espazo periurbano situado entre o Parque Eugenio Granell e o desenvolvemento urbanístico na contorna do antigo núcleo tradicional de Cornes, espazo delimitado entre a rúa Escultor Camilo Otero, o trazado da liña ferroviaria e a infraestrutura de circunvalación SC-20, contorna no que destaca a presenza dunha lagoa natural. En concreto, proponse a eliminación de residuos de orixe urbana e de especies exóticas invasoras e a recuperación e reforzo da vexetación autóctona; deseñando unha rede de novos sendeiros que dea conectividade entre Conxo, Cornes e Pontepedriña; e acometendo medidas de illamento acústico e visual da área mediante a creación de pantallas vexetais formadas por especies arbóreas e arbustivas autóctonas.
E a quinta e última actuación, tamén de consolidación do Anel Verde exterior, é a "Restauración ecolóxica e fomento da biodiversidade no monte periurbano do Viso", que contaría cun investimento estimado de 175.542,30 euros. Farase unha substitución de especies exóticas por plantas nativas: bidueiros, carballos, sobreiras, acivros e distintas especies arbustivas; tomaranse medidas para a conservación de distintas especies de pequena fauna silvestre; e reforzaranse as sendas interiores para facilitar o seu uso, dotándoa das medidas de accesibilidade universal correspondentes.
O proxecto "Entre Sar e Sarela" recibe máis de 3,6 millóns da Fundación Biodioversidad para consolidar o anel verde de Santiago e realizar outras intervencións medioambientais
30/06/2023 O proxecto "Entre Sar e Sarela" recibirá unha axuda de 3.613.586,17 euros a través da convocatoria da Fundación Biodiversidad para fomentar actuacións de renaturalización e resiliencia de cidades españolas, lanzada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiada polos fondos europeos NextGenerationEU. Este proxecto, presentado de maneira conxunta polo Concello de Santiago e a USC, recolle actuacións en diferentes zonas da cidade como o barrio de Pontepedriña, o Xardín Botánico, a lagoa do Auditorio de Galicia, co obxectivo de completar a rede de sendas e consolidar así o anel verde ao redor da cidade.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico concederá 3.613.586,17 euros á proposta "Entre Sar e Sarela", presentada polo Concello e a USC á "Convocatoria de axudas da Fundación Biodiversidad", no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). O investimento contemplado no proxecto é de 3.803.774,91 euros, sen IVE. Os 190.188,74 restantes aportaraos o Concello de Santiago e a USC. A esta cantidade sumaríaselle o IVE, 677.180,92; polo que o custe total sería de 4.480.955,83 euros.O "Proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago. Entre o Sar e o Sarela" ten como obxectivo xerar un modelo urbano sostible aumentando a súa infraestructura verde, potenciando a conectividade ambiental do conxunto e rexenerando áreas ambientalmente degradadas que permitan crear novos ecosistemas e así como incrementar a biodiversidade. Este obxectivo asentarase sobre a 'Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela' que será elaborada no marco do proxecto.