CENTROS SOCIOCULTURAIS
A publicación de listas de persoas admitidas será partir do 7 de xuño 2023 e a formalización de matrícula será do 8 ao 21 de xuño 2023.
Todas aquelas persoas que queiran presentar unha reclamación o poderán facer o 30 e 31 de maio, enviando mensaxe ao correo viveoveran@santiagodecompostela.gal.
Cativadas de verán
As actividades desenvolveránse en doce centros socioculturais, entre urbanos e rurais do 3 ao 14 de xullo (primeira quenda) e do 17 ao 31 de xullo (segunda quenda), para facilitar a conciliación ás familias compostelás.
Como noutras edicións, o programa de actividades terá un carácter educativo, lúdico e convivencial. Monitores especializados animarán as mañás dos participantes con actividades plásticas, expresión artística, teatro e expresión corporal, xogos populares, xogos de pistas, obradoiros, deporte...
En total ofertanse 310 plazas, distribuídas do seguinte xeito: no CSC José Saramago de Vite, 40 prazas para nenos/as de 5 a 12 anos; no CSC Pontepedriña, 20 prazas para nenos/as de 5 a 12 anos; no CSC de Santa Marta, 50 prazas para nenos/s de 4 a 10 anos; no CSC do Castiñeiriño, 20 prazas para nenos/as de 6 a 10 anos; no CSC O Ensanche, 20 prazas nenos/as, de 6 a 12 anos. Nos CSC do rural, poderán inscribirse todos os cativos e cativas nados entre o os anos 2011 e 2018: 20 prazas no CSC de Figueiras; 30 prazas no CSC da Gracia; 20 prazas no CSC de Laraño; 20 prazas no CSC da Lavacolla; 30 prazas no CSC de Marrozos; 20 prazas no CSC de Nemenzo e 20 prazas no CSC de Bando.
Publicada a listaxe de admitidos/as a sorteo para as "Cativadas de verán" dos Centros Socioculturais de Santiago
30/05/2023 O Concello de Santiago acaba de publicar a listaxe das persoas admitidas a sorteo para participar no programa de conciliación das Cativadas de verán que se vai desenvolver na Rede de Centros Socioculturais durante as vacacións do mes de xullo. Este ano ofértanse 310 prazas, 150 nos centros urbanos e 160 nos do rural, das que se poden beneficiar todos os nenos e nenas empadroados en Santiago.
O sorteo público para a adxudicación das prazas realizarase o día 2 de xuño no Centro Sociocultural de Santa Marta ás 11h. As prazas sortearanse por familias.A publicación de listas de persoas admitidas será partir do 7 de xuño 2023 e a formalización de matrícula será do 8 ao 21 de xuño 2023.