OBRAS
O inmoble sobre o que se vai actuar foi reformado anteriormente para uso de centro interpretativo, pero o paso do tempo e a falta de uso fai precisa unha nova intervención, xa que presenta deficiencias no seu estado de conservación e carencias nas instalacións e envolvente. O acceso ao inmoble realizase pola zona central, na que se atopan as escaleiras e os aseos. Este núcleo central remodelarase para crear un aseo adaptado. Demolerase o forxado existente para colocar un forxado sanitario a base de caviti incorporando ademais unha lámina impermeabilizante e unhas placas de illamento de 10 cm de espesor.
Dende a entrada pódese optar por ir á recepción (esquerda) e á sala de usos múltiples (dereita). A recepción contará cunha zona de espera e cunha pequena tenda. Dende esta poderase coller o elevador para subir ao segundo andar, un espazo totalmente diáfano no que se realizarán as exposicións. Nesta planta reforzarase a iluminación cuns proxectores que se poderán adaptar ao que se expoña en cada momento.
A estética do local verase modificada ao colocar a instalación de ventilación vista, que axudará a mellorar as condicións de confort do mesmo. A distribución que se fixa no proxecto vén condicionada pola expresa petición da propiedade buscando a optimización dos espazos e o cumprimento das normativas vixentes.
As actuacións previstas consistirán en demolicións e movementos de terras ó redor da edificación; cimentacións, illamentos e impermeabilizacións; pechamentos e tabiquería; acabamdos de pavimentos, paredes e teitos; evacuación de augas e drenaxe; instalación de iluminación, ventilacióin e climatización; carpintería exterior e interior, e mobiliario.
Licitacións
Tamén se deu luz verde á contratación das " Obras de execución da "Rede de Itinerarios Sostibles para a Redución da Pegada de Carbono (Fase I - Entorno Intermodal)", cuxo proxecto foi aprobado o pasado 20 de marzo en Xunta de Goberno.
As actuacións que se contemplan no proxecto teñen por obxecto a implantación dun itinerario ciclista entre a avenida de Romero Donallo, a rúa de Amor Ruibal e a rúa do Hórreo. Con esta intervención darase continuidade ás obras xa realizadas na rúa Clara Compoamor e na rúa do Hórreo e estableceranse as bases da futura rede de itinerarios sostibles para a redución da pegada de carbono.
Ademais, sacouse a liticitación a contratación "das Obras de execución do proxecto "Restauración do entorno dos ríos Sarela, Sar e Vilar" cuxo proxecto se aprobou o pasado 17 de abril en Xunta de Goberno, e que conta cun orzamento base de licitación de 307.519,38 euros. Esta operación, incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020;
Esta actuación contempla o acondicionamento de 12.050 metros cuadrados. 10.000 corresponden ao ámbito Sur (Sar e Vilar), entre o xacemento arqueolóxico do Castelo da Rocha Forte e o tramo do Camiño portugués, paralelo ao río Sar entre a Ponte Vella de Arriba e o viaduto da Rocha. Os outros 2.050 metros cadrados, ao ámbito norte, que comprende o acondicionamento e restauración ambiental do espazo situado baixo o viaduto da AC-543 aos dous lados do río Sarela.
O fin principal é a restauración da contorna dos ríos Sarela, Sar e Vilar, Entre os obxectivos concretos deste proxecto figuran, ademais da recuperación ambiental; a solución dos problemas de accesibilidade mediante sendas e pontes; a creación de zonas de lecer e descanso; e a implantación de recursos de comunicación para contribuír á revalorización do espazo a recuperar.
Aprobado o proxecto de acondicionamiento do edificio que acollerá o Centro de Interpretación Rupestre de Villestro
27/05/2023 A Xunta de Goberno, reunida onte en sesión extraordinaria, aprobou o proxecto de acondicionamento do edificio no que se instalará o "Centro de Interpretación Rupestre de Villestro", que conta cun orzamento de 225.824,51 euros, IVE engadido. A edificación sobre a que se vai actuar ten dous andares, cunha superficie total construída total de 273 metros cadrados.
Na parcela na que se sitúa, de 4.585 metros cadrados, proxéctase un espazo de aparcamento para autobuses, coches, e bicicletas así como un acceso peonil accesible. Esta actuación levarase a cabo en dúas fases: unha primeira, obxecto deste proxecto, na que se executará o acondicionamento do inmoble. E unha segunda fase, que se desenvolverá máis adiante, na que está previsto acondicionar a parcela.O inmoble sobre o que se vai actuar foi reformado anteriormente para uso de centro interpretativo, pero o paso do tempo e a falta de uso fai precisa unha nova intervención, xa que presenta deficiencias no seu estado de conservación e carencias nas instalacións e envolvente. O acceso ao inmoble realizase pola zona central, na que se atopan as escaleiras e os aseos. Este núcleo central remodelarase para crear un aseo adaptado. Demolerase o forxado existente para colocar un forxado sanitario a base de caviti incorporando ademais unha lámina impermeabilizante e unhas placas de illamento de 10 cm de espesor.