URBANISMO
A reserva obrigatoria de vivenda protexida é de 11.642 metros cadrados. Ademais, o plan parcial cualifica unha superficie total de 46.775 metros cadrados con destino ao sistema local de espazos libres e zonas verdes públicas, de cesión obrigatoria ao Concello. E tamén cualifica como equipamento dúas parcelas contiguas cunha superficie total de 4.980 metros cadrados, con destino a calquera dos usos de equipamento público relacionados no PXOM. Usos como o de prazas de aparcadoiro de vehículos, unha por cada 100 metros cadrados edificables, das que un cuarto deberían ser de dominio público.
Agora, unha vez aprobado inicialmente, este plan parcial someterase a información pública durante dous meses, dacordo co procedemento regulado na Lei 2/2016 do solo de Galicia e 186.1 do seu Regulamento. Durante o trámite de información pública solicitaranse os informes sectoriais preceptivos.
Por outra banda, tamén se aprobou provisionalmente o "Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a creación dunha plataforma loxística de intercambio de mercadorías no sistema xeral SU-3 (Tambre Norte)", formulado de oficio polo Concello de Santiago, segundo o documento reformado presentado o 25 de maio de 2023. Trátase dun trámite esixible para solicitar o informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de cara á súa aprobación definitiva.
A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente o Plan parcial de ordenación do SUND-4 de Rebordaos, no que se poderán construír ata 400 vivendas
27/05/2023 A Xunta de Goberno Local, reunida onte en sesión extraordinaria, aprobou inicialmente o "Plan parcial de ordenación do SUND-4 (Rebordaos), promovido por iniciativa particular. Este plan parcial ordena unha superficie edificable total de 48.506 metros cadrados, resultado de aplicar o índice 0,30 sobre a superficie neta computable de 161.687 metros cadrados. Desta edificabilidade total, 38.805 metros cadrados, un 80% serían de uso residencial, dacordo coas ordenanzas; e o resto, 9.701 metros cadrados, un 20%, de uso terciario comercial e outros.
O número máximo de vivendas non poderá superar en ningún caso 405 (25 vivendas/ha). Nas ordenanzas de uso residencial permítese dedicar a planta baixa tanto a vivenda como a usos terciarios (comercial, ocio-restauración, oficinas, equipamento…). En edificio exclusivo admítense tamén estes usos terciarios como alternativos ao residencial, pero a súa autorización queda condicionada a que se garanta un mínimo do 60% de uso residencial, incluída a reserva obrigatoria de vivenda protexida.A reserva obrigatoria de vivenda protexida é de 11.642 metros cadrados. Ademais, o plan parcial cualifica unha superficie total de 46.775 metros cadrados con destino ao sistema local de espazos libres e zonas verdes públicas, de cesión obrigatoria ao Concello. E tamén cualifica como equipamento dúas parcelas contiguas cunha superficie total de 4.980 metros cadrados, con destino a calquera dos usos de equipamento público relacionados no PXOM. Usos como o de prazas de aparcadoiro de vehículos, unha por cada 100 metros cadrados edificables, das que un cuarto deberían ser de dominio público.