PARQUES E XARDÍNS
Preto de 50.000 euros se destinaron á renovación da pista de skate de 877 metros cadrados que se ubicaba na parte baixa deste novo espazo deportivo multiúsos. O que se realizou, segundo explica a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro, é "reformar e actualizar unha pista deportiva que quedara obsoleta, creando novas ramplas de formigón e deseñando un novo circuíto de skate con liñas e obstáculos diferentes".
Ademais, ante un número de usuarios elevado que "habitualmente instalaba a súa propia rede de voleibol para xogar na zona" decidiuse crear unha pista, precisamente con este uso, "pensando tamén en que se trata dun barrio familiar, que creceu e segue crecendo e, polo tanto, precisa de espazos de ocio infantil" recalcou Castro.
Ao outro lado da pista de voleibol tamén habilitouse unha pista de pumptrack de asfalto, cunha superficie de 440 metros cadrados, que consta dun trazado de 3 rectas e 6 curvas e inclúe 8 elementos denominados Quarter, Slappy, Hip, Corner, Plano inclinado, Bordillo con manual, Wallie e Pirámide con slappy. As diferentes pistas contan con zonas axardinadas na súa contorna.
O Espazo Deportivo Multiúsos de Santa Marta estará aberto ao público a partir de mañá
28/04/2023 A partir deste sábado, 29 de abril, a veciñanza de Santa Marta contará cunhas instalacións deportivas renovadas que inclúen unha pista de voleibol, unha pista de skate e un espazo pumptrack. O Concello destinou unha inversión de 130.000 euros para levar a cabo esta actuación.
Situado na rúa Emilia Pardo Bazán, o Espazo Deportivo Multiúsos de Santa Marta será accesible ao público desde mañá. Máis de 130.000 euros destináronse á rehabilitación integral do espazo xerando un parque urbano con pista de skate, de voleibol e unha zona de pumptrack que ocupa un espazo total de 7.452 metros cadrados.Preto de 50.000 euros se destinaron á renovación da pista de skate de 877 metros cadrados que se ubicaba na parte baixa deste novo espazo deportivo multiúsos. O que se realizou, segundo explica a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro, é "reformar e actualizar unha pista deportiva que quedara obsoleta, creando novas ramplas de formigón e deseñando un novo circuíto de skate con liñas e obstáculos diferentes".