COMERCIO
A festa conta este ano con algunhas novidades dentro do amplo programa de actividades que se desenvolverán ao longo das tres xornadas nos barrios máis comerciais da cidade, cubrindo toda a Zona Vella, Ensanche, San Pedro, Concheiros, As Fontiñas e Conxo.
Composteláns e visitantes poderán gozar dunha extensa oferta de concertos, danza, pasarrúas, unha foliada tradicional, un obradoiro de swing e unha gran festa infantil, como peche da festa o sábado 6 de maio. Ademais, ese día instalarase na praza Roxa a ruleta de agasallos ‘Eu Merco Aquí - Prima 23’ con 6.000 euros en agasallos directos, na que poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que presenten un tícket de compra do comercio de Santiago de importe igual ou superior a 5 euros, realizada entre o 1 e o 6 de maio de 2023. Os termos para participar na ruleta estarán expostos ao público no mesmo espazo e tamén na páxina web do Departamento de Comercio, comerciolocalsantiago.gal.
Este ano, dentro da programación, inclúese, ademais, unha homenaxe a todos aqueles comercios da cidade que fixesen 50 anos.
O programa completarase con obradoiros de artesanía de acibeche e ourivería, impartidos polos mestres artesáns Ourives de Compostela, Soledad Mato, Ricardo Rivas, Adonis Suárez e Manuel Tojo.
Esta é a cuarta edición dunha festa que, nas tres pasadas edicións, conseguiu mobilizar e dinamizar as compras, con moi boas impresións por parte de cidadanía e comerciantes.
#Eu merco aquí
A maiores, no marco da festa Prima 23, o Concello distribuirá 30.000 bolsas coa imaxe da campaña #EuMercoAquí que se entregarán de balde ao comercio local a través das asociacións de comerciantes da cidade. Para contar con este agasallo, os establecementos interesados poden dirixirse a calquera delas: CCA Comercio Punto Compostela, CCA Santiago Centro, CCA Compostela Monumental, Asociación Em Rede, Ourives de Compostela, Asociación de Comerciantes de Área Central e Asociación de comerciantes do Barrio de San Pedro.
Partindo da idea de que cómpre un esforzo conxunto para que o comercio aflore, o Concello propón aos comerciantes que, con total liberdade creativa, adorne o seu negocio tanto no escaparate como na fachada.
Pódese consultar o programa completo da Prima 23 coas localizacións de cada actividade e artistas en comerciolocalsantiago.gal.
Cortes de tráfico
Con motivo do desenvolvemento das actividades do Prima 23 na rúa, os vindeiros 4, 5 e 6 de maio produciranse restricións na circulación de vehículos nas seguintes vías: nas rúas Xeneral Pardiñas e Alfredo Brañas, xoves e o venres de 17:45 a 19:00, e na rúa Xeneral Pardiñas o sábado, 4 de maio, de 11:45 a 13:00.
Volve a festa do comercio local Prima 23 a primeira fin de semana de maio en diferentes barrios da cidade
28/04/2023 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, animou ao sector comercial e ás asociacións a participar na cuarta edición de "Prima 23. A festa do comercio local", que se desenvolverá o xoves 4, o venres 5 e sábado 6 de maio en distintos barrios de Santiago. Un evento, sinalou o rexedor, "que pretende reforzar a aposta do Concello de Santiago polo comercio local e de proximidade". Ademais do alcalde, na presentación estivo presente a técnica responsable da área de Comercio, Lucía Castro que explicou que o obxectivo "é dinamizar o consumo á vez que se lle dá unha nota de cor e alegría á cidade, coas distintas actuacións e actividades programadas".
Durante o transcurso de Prima 23, os comercios poderán presentar os seus produtos e servizos nas beirarrúas sen necesidade de solicitar un permiso específico, aínda que deberán permitir o acceso aos portais de vivendas e ao tránsito peonil, para o correcto desenvolvemento desta festa.A festa conta este ano con algunhas novidades dentro do amplo programa de actividades que se desenvolverán ao longo das tres xornadas nos barrios máis comerciais da cidade, cubrindo toda a Zona Vella, Ensanche, San Pedro, Concheiros, As Fontiñas e Conxo.