MOBILIDADE

O Concello celebra o primeiro dos Encontros Participativos Temáticos para a actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

29/03/2023 Este primeiro encontro telemático, que terá lugar esta tarde ás 17:00 h, servirá para recoller datos e escoitar á veciñanza en cuestións relacionadas coa mobilidade de peóns, bicibletas e VMP na cidade. Ao longo dos meses de marzo e abril, celebraranse outros tres encontros temáticos no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS.

Os Encontros Participativos Temáticos que se desenvolverán durante os meses de marzo e abril, pretenden propiciar o debate arredor das necesidades, retos e propostas en diferente ámbitos temáticos relacionados coa mobilidade na cidade de Santiago. Abertas á participación de toda a cidadanía, a modalidade será telemática e versarán sobre as seguintes temáticas específicas:

- mobilidades brandas e activas: peón, bicicleta e VMP (29 de marzo, ás 17:00h)
- transporte público: autobús, tren e taxi (12 de abril, ás 10:00h)
- tráfico, estacionamento e distribución de mercadorías (19 de abril, ás 17:00h)
- medio rural e Área Metropolitana (26 de abril, ás 10:00h)

Para participar é preciso cubrir o formulario correspondente (inscrición para o encontro sobre mobilidades brandas e activas). As dúbidas ou consultas serán resoltas a través do correo electrónico pmus.santiagodecompostela@gmail.comou por vía telefónica no número 604 025 160.

PMUS

O PMUS de Santiago é un Plan Estratéxico deseñado para satisfacer as necesidades de mobilidade na procura dunha mellor calidade de vida para toda a cidadanía.

Dende o Concello iniciouse o pasado mes de febreiro un proceso participativo para a revisión e actualización deste Plan, que foi aprobado en 2011. Co fin de que o se adapte á realidade da cidade, impulsouse un proceso de participación pública a través do cal a cidadanía en xeral e os axentes con implicación directa en materia de mobilidade poidan contar con diferentes vías para achegar a súas opinións e suxestións. O pasado 16 de marzo celebrouse o I Foro de Mobilidade no CSC de Santa Marta.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) 2014-2020, aliñado cos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) de Santiago de Compostela.

Compartir: