EDUCACIÓN
O programa desenvolverase durante o período de vacacións escolares dos días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023.
O horario será de 9:00 a 14:00 horas con posibilidade de ampliar o horario co servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e o servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).
Ofertanse un total de 170 prazas para obradoiros e actividades, 70 prazas para o servizo de almorzo e 130 prazas para o servizo de xantar. Reservaranse 20 prazas de cada modalidade para nenos e nenas con informe do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Santiago.
Solicitude
O prazo de inscrición e matrícula será entre os días 28 de febreiro e o 3 de marzo de 2023 (ambos os dous inclusive).
As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Se se presenta a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago, deberá escollerse o trámite " onde deberán escoller o trámite "Inscrición nos programas de conciliación do Departamento de Educación", dentro do catálogo dispoñible.
O Departamento de Educación do Concello de Santiago publicará a lista de admitidos e, no seu caso excluídos, na páxina web do concello de Santiago. No caso de existir máis demanda que prazas ofertadas realizarase un sorteo público.
Solicitude de prazas para o programa municipal de conciliación de Semana Santa 2023
28/02/2023 O programa municipal de Semana Santa 2023 desenvolverase os días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023 nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.
Esta iniciativa está dirixida a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria da cidade (entre o 2º ciclo de educación infantil e o 3º ciclo de educación primaria) con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.O programa desenvolverase durante o período de vacacións escolares dos días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023.