DEPORTES
Esta cuarta e última etapa de "O Gran Camiño", unha contrarreloxo de 17,9 quilómetros, desputouse entre O Milladoiro e Santiago de Compostela. Na liña de saída, cortando a cinta, estaban entre outras autoridades, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e o alcale de Ames, Blas García.
A organización de "O Gran Camiño" agradece o apoio e soporte da Policía Local de Santiago no desenvolvemento da proba
26/02/2023 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, felicitou os gañadores da proba ciclista O Gran Camiño 2023, Jonas Vingegaard, Jesús Herrada e Rubén Guerreiro; así como a todos os premiados tanto nesta cuarta etapa, como nas anteriores. Os tres recolleron hoxe os seus "maillots" e trofeos de gañadores, nun acto no que a organización agradeceu o apoio e soporte da Polícia de Santiago e quixo homenaxeala polo seu 175 aniversario cun presente que recolleu, en nome de todo o corpo, o axente Jesús Pérez.
Desde a Praza do Obradoiro, onde entregou o "maiollot" branco, que distinguía ao mellor corredor xoven, a corredor Lukas Nerurkar; o alcalde cualificou "O Gran Camiño" como unha "carreira fantástica" e destacou o alto nivel dos ciclistas participantes. Sánchez Bugallo, que estivo acompañado do concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, lembrou que esta é a segunda competición ciclista importante que remata en Santiago, "a anterior foi a volta a España", o que contribuirá, engadiu, a difundir a imaxe "magnífica de Compostela e do noso patrimonio".Esta cuarta e última etapa de "O Gran Camiño", unha contrarreloxo de 17,9 quilómetros, desputouse entre O Milladoiro e Santiago de Compostela. Na liña de saída, cortando a cinta, estaban entre outras autoridades, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e o alcale de Ames, Blas García.