SEGURIDADE CIDADÁ
José Ramón Silva, continuou a súa ofrenda manifestando "a nosa posición de defensa dunha sociedade honesta e xusta. Que nestes momentos non abandonemos aos que sofren, aos desempregados e sobre todo aos nosos mozos e mozas sobre os que a secuela do paro segue facendo verdadeiras desfeitas, configurándolles unha vida con escasas perspectivas de futuro. Así mesmo, a vocación e o servizo constante dos axentes a todos os cidadáns e, especialmente, ás vítimas de calquera delito e a súa misión de protexer ás mulleres agredidas, aos nenos e mozos maltratados, aos nosos maiores e as persoas con discapacidade, é dicir, aos colectivos máis vulnerables".
Antes, dos actos, os axentes da Policía Local fixeron unha foto de grupo na Praza do Obradoiro, na que tamén estaba presente o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños. A continuación desfilaron e formaron ante o alcalde, e distintos membros da Corporación Municipal, entre eles os concelleiros Gonzalo Muiños e Marta Abal.
Historia da Policía
A primeira mención do que hoxe coñecemos como corpo de Policía Local podemos atopala no ano 1780, pero non será ata o 1848 cando ten lugar a creación do que hoxe se coñece como Policía Local como resposta aos moitos roubos que se estaban a suceder na cidade. Deste xeito, ponse en funcionamento a Rolda de Policía Urbana que viña sumarse á xa existente compañía de serenos nocturnos.
No último terzo do século XIX o crecemento da Policía Urbana vai asociado ao desenvolvemento da cidade, polas novas funcións e espazos que se xeran nesta época: os paseos da Alameda incorporan policías municipais para a súa vixilancia mentres que o mercado de Abastos promove a dotación de axentes que garantan a hixiene e o control das mercadorías.
A partir do ano 1920 vaise incrementando o número de efectivos que compoñen o servizo, concretamente en 1928 o número de axentes que integraba o corpo eran 63. En 1955 amplíase o cadro de persoal en 25 gardas, motivado pola proxección turística de Santiago que se estaba iniciando.
Nos anos 70, acádanse os 112 axentes e desaparece o corpo de serenos, que pasa a incluírse na Policía Local.
Xa nos anos 80 créase a brigada nocturna e unidades dentro da Policía Local, e en 1998 (ano en que se celebra o 150 aniversario da súa creación) conta con 162 profesionais, organizándose da seguinte maneira: Xefatura da Policía Local, Unidade administrativa ou de Servizos (sección administrativa, sección de servizos diúrno e nocturno e sección de urbanismo), unidade de seguridade cidadá (servizo diúrno e nocturno), unidade de tráfico (sección de tráfico, sección motorizada, sección de atestados e sección sala de control de tráfico) e unidade de policía de barrio, contando tamén con escolta de gala (formada por lanceiros, maceiros e garda vella).
A Policía Local, na ofrenda ao Apóstolo, pide pola paz en Ucraína e non abandonar ás persoas máis vulnerables
25/02/2023 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, saudou hoxe, na Praza do Obradoiro, aos efectivos da Policía Local, con motivo dos actos do seu 175 aniversario. A continuación, tivo lugar na Catedral compostelá, a ofrenda ao Apóstolo, na que José Ramón Silva Dieste, intendente da Policía Local, apelou á paz para Ucraína, e non abandonar "aos que sofren" e a aquelas persoas máis vulnerables.
O intendente da Policía Local pediu ao Apóstolo que interceda "pola paz en Ucraína, no corazón da vella Europa, e en todo o mundo, e consola aos que dunha maneira ou outra sofren as consecuencias do inhumano flaxelo da guerra; e polo pobo Turco e Sirio, vítimas dos devastadores desastres naturais, que negan a vida e fan moi difícil a existencia cotiá".José Ramón Silva, continuou a súa ofrenda manifestando "a nosa posición de defensa dunha sociedade honesta e xusta. Que nestes momentos non abandonemos aos que sofren, aos desempregados e sobre todo aos nosos mozos e mozas sobre os que a secuela do paro segue facendo verdadeiras desfeitas, configurándolles unha vida con escasas perspectivas de futuro. Así mesmo, a vocación e o servizo constante dos axentes a todos os cidadáns e, especialmente, ás vítimas de calquera delito e a súa misión de protexer ás mulleres agredidas, aos nenos e mozos maltratados, aos nosos maiores e as persoas con discapacidade, é dicir, aos colectivos máis vulnerables".