INFRAESTRUTURAS
O aparcadoiro contará con dúas plantas subterráneas e unha capacidade para máis de 400 vehículos. Disporá de ascensores, rampas e todo tipo de elementos para facilitar o desprazamento das persoas con dificultades de mobilidade. Na superficie exterior do aparcadoiro está previsto construír unha área polideportiva e unha zona axardinada.
As obras do aparcadoiro foran adxudicadas no seu día á UTE integrada polas empresas Metropark e Vías e Construcciones, por un importe de 2.662.882 euros, cunha cesión de uso por un período de 50 anos. Despois dos problemas urbanísticos xurdidos, non foi ata xullo de 2006 cando se recibiu o novo proxecto, que inclúe a rotonda e o vieiro.
A nova actuación supón un incremento do orzamento de entorno ao 35%, que asume a UTE adxudicataria con cargo ás tarifas do aparcadoiro. Estas foron actualizadas de acordo á nova tarificación por minutos e experimentan un incremento dun 29,8%. Deste xeito, a modo de exemplo, a primeira media hora pasa de 0,66 a 0,80 euros, e a primeira hora de 1,12 a 1,36 euros.
O novo aparcadoiro do Clínico estará listo para antes do verán de 2008
30/04/2007 A Xunta de Goberno deu o visto bo ao proxecto de execución do aparcadoiro público subterráneo da Choupana, nas inmediacións do Hospital Clínico. Unha vez modificado o proxecto, acometerase definitivamente a obra, na que se investirán 3.599.972 euros (4.175.967 con IVE). As obras do aparcadoiro teñen un prazo de execución de 1 meses, polo que estará listo antes do verán de 2008.
A construción do aparcadoiro irá acompañada dunha nova rotonda de conexión coa Avenida de Barcelona e de novo viario de conexión co complexo hospitalario. Así, a obra do aparcadoiro ten un custo de 3.168.614 euros, mentres que os vieiros suporán un investimento de 421.358 euros, neste caso cun prazo de execución de catro meses.O aparcadoiro contará con dúas plantas subterráneas e unha capacidade para máis de 400 vehículos. Disporá de ascensores, rampas e todo tipo de elementos para facilitar o desprazamento das persoas con dificultades de mobilidade. Na superficie exterior do aparcadoiro está previsto construír unha área polideportiva e unha zona axardinada.