CULTURA
Inaugurada unha nova edición da Feira do Libro
28/04/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou oficialmente a XXVI Feira do Libro de Santiago de Compostela, que permanecerá no Paseo Central da Alameda ata o 6 de maio.
O acto contou coa actuación da Banda Municipal de Música e da Asociación do Traxe Galego. O pregón inaugural correu a cargo da escritora Compostela Inma López Silva. Ao longo das diferentes xornadas, os visitantes poderán disfrutar de sinaturas de libros, actividades para escolares, charlas, presentación de libros, recitais poéticos, teatro ou sorteos de libros, entre outras actividades.