ALCALDÍA

Compostela acolleu a XIII Xuntanza de Ril

28/04/2007 A Asociación de Transplantados do Ril de Santiago (Tras-Ril-San) celebrou unha nova edición da súa reunión anual. Este ano coincidiron coa celebración dos 15 anos do primeiro transplante en Santiago.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo uniuse a esta celebración, que comezou cunha concentración na Praza do Obradoiro. Posteriormente, os participantes fixeron unha marcha dende o Monte do Gozo á Catedral, onde escoitaron unha misa. Logo desprazáronse ata o cemiterio de Boisaca, onde se realizou unha ofrenda floral á primeira transplantada. Os actos pecháronse cunha comida no restaurante Los Robles, á que, ademais dos enfermos e transplantados do ril, asistiron nefrólogos e urólogos do Hospital Clínico, así como diferentes personalidades do Hospital e do Concello.

Os actos comezaran en realidade xa o 19 de abril, coa instalación dunhas mesas por todo Santiago co fin de conseguir donantes. Despois, na semana do 23 ao 28 de abril, realizáronse charlas en diferentes colexios, charlas e proxeccións de películas para concienciar sobre a necesidade das doazóns.

Compartir: