EMPRESAS MUNICIPAIS
Este crecemento da actividade é compatible cun aumento moderado dos gastos de persoal, que soben un 12%, e co mantemento dos gastos financeiros. É dicir, o crecemento da sociedade é sostible. Por outra banda, conseguiuse o obxectivo económico de incrementar o neto patrimonial.
A sociedade obtén unhas perdas por importe de 332.850 euros, cifra inferior á cantidade comprometida polo socio único (Concello de Santiago de Compostela) para compensar as perdas da actividade (409.606 euros). Isto supón para a empresa un incremento do seu neto patrimonial de 101.349,57 euros.
Coa formulación das contas anuais do exercicio 2006 proponse a aplicación do importe das Achegas de socios para compensación de perdas (332.850) e o incremento das Reservas Voluntarias por importe de 101.349,57 euros para así aumentar a solvencia da sociedade. Desta forma, a partida de Fondos Propios elévase a 221.010 euros
Incolsa aproba as contas de 2006 cun resultado positivo de máis de 100.000 euros
28/04/2007 A Xunta Xeral de accionistas da Empresa de Información e Comunicación Local S.A, Incolsa, aprobou as contas do exercicio 2006, que se saldaron cun resultado positivo de 101.349 euros.
En relación á conta de Perdas e Ganancias, o xerente da empresa municipal, Iñaki Gaztelumendi, salientou que o volume de actividade da empresa no ano 2006 ascendeu a 2.821.469 euros, o que significa un aumento do 73% en relación ao ano anterior. Neste senso, cómpre subliñar o aumento de case o 94% dos ingresos da sociedade, que se elevan a 2.488.629; o incremento da cifra de negocios, que sobe un 114%; e o aumento dos ingresos da sociedade alleos ao Concello de Santiago, que medran un 83%.Este crecemento da actividade é compatible cun aumento moderado dos gastos de persoal, que soben un 12%, e co mantemento dos gastos financeiros. É dicir, o crecemento da sociedade é sostible. Por outra banda, conseguiuse o obxectivo económico de incrementar o neto patrimonial.