CONSORCIO
Segundo o comisario, "esta exposición é o resultado da converxencia de moitas vontades e esforzos guiados pola directiva actual do Moto Club Compostela, co encomiable propósito de reconstruír e proxectar estes setenta anos de historia".
Nela, faise unha homenaxe para dar a coñecer a historia e evolución destas sete décadas con motocicletas, fotografías, carteis, vestimentas e outros obxectos curiosos que farán que os visitantes se trasladen a outras épocas.
Entre as pezas que se poden atopar na Casa do Cabido están as motos conservadas no seu estado orixinal que no seu momento utilizaron os propios fundadores do Moto Club, ou fotografías de eventos de trascendencia realizados pola asociación na cidade ao longo deste tempo.
Ademais, homenaxéase a persoas de grande importancia para o Moto Club e a vida santiaguesa como foron Basilio Carril, artesano gaiteiro moi recoñecido da época; Segundo Hevia, presidente da Cámara de Comercio e afamado pintor compostelán, ou Serafín Maroño, quen foi carteiro na cidade durante moitos anos.
Sobre o Moto Club
Fundado en 1953, o Moto Club Compostela foi, desde os seus inicios, un nexo de unión entre os seus integrantes e a sociedade compostelá;. Durante este período levou a cabo labores de organización de concentracións motociclistas como a que tivo lugar en 1993 con miles de asistentes.
Tamén celebrou probas deportivas a nivel rexional, autonómico e nacional, recollidas de alimentos, colaboracións con voltas ciclistas, carreiras pedestres, asociacións sen ánimo de lucro, ou a Ruta Rosaliana que cada 17 de maio enche a praza do Obradoiro de centos de motocicletas clásicas de todas as épocas e percorre lugares emblemáticos na vida da escritora.
Aberta ao público
A exposición estará aberta ao público de maneira gratuíta ata mediados do mes de febreiro en horario de 10h a 14h e 16h a 20h de martes a sábado e de 11h a 14h os domingos.
A Casa do Cabido acolle a exposición que percorre os 70 anos de vida do Moto Club Compostela
31/01/2023 A mostra fai unha homenaxe para dar a coñecer a historia e evolución destas sete décadas.
O presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou na mañá deste martes a nova exposición que acolle a Casa do Cabido e que conmemora os 70 anos da asociación Moto Club Compostela, sociedade deportiva e cultural que une a entusiastas e afeccionados ao mundo das motocicletas. A xerente do Consorcio, Belén Hernández, o comisario da exposición, Alberto G. Fandiño, e demais membros da corporación local, tamén estiveron presentes na visita á mostra.Segundo o comisario, "esta exposición é o resultado da converxencia de moitas vontades e esforzos guiados pola directiva actual do Moto Club Compostela, co encomiable propósito de reconstruír e proxectar estes setenta anos de historia".