EDUCACIÓN
• Datas dispoñibles (a escoller): 14 e 21 de marzo de 2023.
• Duración: sesións de 45-50 minutos.
• Máximo participantes: 1 grupo/clase.
• Horario das sesións: 10:30h ou 11:30h.
Para formalizar a solicitude de participación deberán enviar cuberta a ficha de solicitude ao seguinte enderezo de correo electrónico info@emmsantiagodecompostela.com. As solicitudes atenderanse segundo a orde de entrada na Escola Municipal de Música de Santiago. O prazo de entrega de solicitudes finalizará o 3 de febreiro de 2023.
Este mesmo ciclo xa se puxo en marcha para os nenos e nenas da das Escolas Infantís de Conxo, As Fontiñas, Meixonfrío-Salgueriños, San Roque, Tambre, Castiñeiriño e Tras-Parlamento, que os pasados 24 e 30 de xaneiro puideron coñecer máis de preto os instrumentos que viven na Escola de Música.
Concertos na aula hospitalaria
A EMM tamén leva os seus concertos á aula hospitalaria. O primeiro deles xa tivo lugar o pasado 24 de xaneiro, no que participaron as alumnas de arpa Mariña Dopico, Ana Fórneas, Helena Fórneas, Lúa Lamas, Mariña Domínguez, Daniela García e Lía Carracedo.
Durante a visita interpretaron obras de distintos estilos musicais (música tradicional, música actual, obras de compositores arpistas,...) para amosar parte do repertorio que pode abarcar a arpa celta. Aproveitouse a sesión para presentar as principais características da arpa celta e dar a coñecer un pouquiño mellor o seu instrumento.
Nos vindeiros meses (23 de marzo e 27 de abril) serán outros os instrumentos que visiten o Hospital Clínico Universitario para achegar a música á Aula Hospitalaria e dar a coñecer o amplo abano de especialidades instrumentais que conviven dentro da Escola Municipal de Música.
Día de Rosalía
A EMM participará no día de Rosalía o vindeiro 23 de febrero cun dúo de piano e violonchelo a cargo das alumnas Lía Ferrer e Estela Pereira no Hostal dos Reis Católicos ás 12.00 h, poñendo música ao acto de homenaxe que a Fundación Rosalía de Castro organiza con motivo do aniversario da escritora.
Faladoiro-debate polo 8 de marzo
A Escola Municipal de Música tamén se sumará á celebración do 8M cun faladoiro-debate que leva por título "Músicas na música: territorio das mulleres?" e que pretende afondar nas realidade das mulleres músicas. "A música, para as músicas, ven a ser un territorio como todos os demais; un territorio en loita pola lexitimidade, apropiación dereito e igualdade. Esta actividade pretende revelar, partindo da experiencia subxectivada de catro profesionais da música, eses lugares", sinalou o concelleiro Rubén Prol.
Terá lugar o luns 6 de marzo ás 20.00 horas no Auditorio da EMM e participarán na mesa:
Xiana Lastra: vocalista, compositora, xornalista e produtora. Na actualidade é integrante do proxecto Banda da Loba e formou parte, con anterioridade de proxectos musicais como Puntada sen Fío ou Odaiko Percussion Group.
Aitana Cuétara: produtora, manager e programadora. É directora dos festivais Jazz da Ría e O que non se escribe así como da axencia de Booking, programación e produción Luneda Producións, especializada en música tradicional, folk, jazz e músicas do mundo.
Elba Fernández: compositora e deseñadora gráfica. É compositora, xunto con Xavi Font, da BSO da serie Hierro, música orixinal premiada nas edicións 2019 e 2020 dos Premios Mestre Mateo así como do film Auga seca (2020) e Código Emperador (2022). Forma o proxecto musical Mordem.
Beatriz Busto: musicóloga, etnomusicóloga e docente. É profesora de Antropoloxía Social na USC e da propia EMM. Autora dos libros Um país a la gallega. Galiza no NO-DO franquista (2021) obra galardoada co Premio Follas Novas por Ensaio e Investigación e Pandereteiras de Mens (2021), primeiro premio de Investigación nos Premios de Introdución á Perspectiva de Xénero da USC.
Día escolar da Paz e a Non Violencia
A Escola Municipal de Música de Santiago celebrou onte, 30 de xaneiro, tal e como vén facendo nos últimos anos, un concerto enmarcado dentro da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
É unha constante, dentro das actividades extracurriculares da Escola, atender todas aquelas iniciativas que teñan como fin o achegamento ao alumnado de todos aqueles valores indispensables na súa formación, sexan de índole educativa, xénero, ética ou medioambiental, e que complementen, ou mesmo enriquezan, a achega das familias e os centros educativos.
O concerto, no que participaron a Agrupación de Música Tradicional, o Coro de adultos PEPA e os Coros infantís PEX, tivo lugar na sede da Escola Municipal de Música.
A Escola Municipal de Música programa para o segundo trimestre do curso un novo ciclo de concertos didácticos para a cativada
31/01/2023 A Concellería de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música (EMM), pon en marcha por duodécimo ano consecutivo un novo ciclo de sesións didácticas que teñen como obxectivo promover o achegamento da música aos máis pequenos da rede de centros educativos de Compostela. Xunto a esta iniciativa programa outros eventos para o segundo trimestre do curso que presentou en rolda o concelleiro de Educación, Rubén Prol, acompañado polo director da EMM, Fernando Rey, e pola profesora Beatriz Busto.
Este ciclo, que leva por título "Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM", está destinado ao alumnado do primeiro ciclo de primaria e desenvolverase no Auditorio da Escola Municipal de Música (Predio de Vista Alegre, na rúa das Salvadas s/n). A través dun conto musicado, nesta ocasión baseado no álbum ilustrado Esperando o amencer de Fabiola Anchorena, gañador da última edición do Premio Compostela de Álbums ilustrados, o alumnado participante poderá achegarse a unha gran variedade de instrumentos musicais que viven na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.• Datas dispoñibles (a escoller): 14 e 21 de marzo de 2023.