URBANISMO
Basicamente, os veciños e veciñas plantexáronlle ao alcalde que ven dificultades para a convivencia dos vehículos que acceden ás vivendas con esa senda ciclista; que atravesaría pola metade das súas fincas, que en varios casos afectaría aos patios das casas; e que noutros sitos case non hai espazo suficiente para compartir estrada e senda. Por todos estes motivos, piden á Xunta de Galicia que varíe o trazado, para que cause a menor afectación posible as súas fincas e vivendas.
Alegacións
Esta mañá, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, e a preguntas dos xornalistas, o rexedor explicou que desde o Concello xa se presentaron alegacións a esta senda centradas na preservación do patrimonio medioambiental da contorna do Sar, sobre todo na zona do Banquete de Conxo, onde está proxectada unha "pista de catro metros de acho de formigón e iluminación", incompatible, segundo explicou Sánchez Bugallo", "coa preservación e recuperación ambiental do Banquete de Conxo". O alcalde subliñou que cómpre apostar por outras fórmulas, como o chan de zahorra.
Tamén se solicita, desde o Concello, que a senda proxecta se "pegue o máis posible ás vías de comunicación existentes", separando o trazado "o máximo posible do río Sar". Trátase, finalizou o alcalde, de que esta infraestrutura sexa o "menos invasiva posible e o máis compatible coa preservación medioambiental".
O alcalde reúnese coa veciñanza da Avenida de Pontevedra, que solicita o cambio de trazado da senda ciclista entre San Caetano e O Milladoiro
30/01/2023 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuniuse esta tarde coa veciñanza da Avenida de Pontevedra, que lle amosou a súa preocupación pola senda ciclista que ten proxectado a Xunta entre San Caetano e O Milladoiro; polo que piden un cambio de trazado que afecte en menor medida as súas vivendas e fincas.
Sáchez Bugallo explicou que o proxecto está, ata mediados de febreiro, na fase de exposición ao público. Os veciños e veciñas están, nestes momentos, preparando as alegacións individuais e colectivas a esta actuación. O alcalde pediulle que, cando as teñan, "nos fagan chegar as copias", que se estudiarán e se trasladarán á Comunidade Autónoma".Basicamente, os veciños e veciñas plantexáronlle ao alcalde que ven dificultades para a convivencia dos vehículos que acceden ás vivendas con esa senda ciclista; que atravesaría pola metade das súas fincas, que en varios casos afectaría aos patios das casas; e que noutros sitos case non hai espazo suficiente para compartir estrada e senda. Por todos estes motivos, piden á Xunta de Galicia que varíe o trazado, para que cause a menor afectación posible as súas fincas e vivendas.