URBANISMO
Segundo se lle explicou ás veciñas e veciños afectados, trala a aprobación definitiva é fundamental que no prazo de 20 días despois que lles chegue a notificación individual manifesten oposición ao prezo cos informes técnicos, se os teñen, e toda a documentación que poidan aportar ao respecto. Unha vez manifestada esa oposición, págase o prezo valorado pola administración; e enviase esa parcela ao xurado para que o xurado resolva no tramo que vai entre o prezo valorado pola administración (inferior); e o prezo que a propiedade teña aportado nese documento de oposición (superior). O último paso sería o pago desa diferencia, cos xuros correspondentes.
O alcalde amosoulle o seu agradecemento aos veciños e veciñas da Gracia afectados polo proceso de expropiación. "Tivemos esta reunión para informalos do proceso, dos pasos que se van dar, e atopamos unha actitude positiva e receptiva. Espero que entre todos podamos solucionar isto o mellor posible para todas as partes: para a construción da plataforma loxísitica e para que eles perciban un prezo xusto polo seus terreos".
Plataforma loxística de mercadorías
Esta plataforma loxística enmárcase na estratexia deseñada polo Concello de Santiago, articulada en distintas fases, para establecer un novo modelo de distribución de mercadorías, de baixas emisións; nun primeiro momento aplicable ao ámbito da zona vella, pero susceptible de ser estendido posteriormente a outras zonas da cidade.
Segundo consta na documentación do "Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID), a plataforma loxística de intercambio de mercadorías estaría localizada nunha parcela do ámbito SU-3, emprazado no Solo Urbanizable non Delimitado SUND-30. Atópase nun amplo espazo libre, adxacente, na súa parte sur, con MercaGalicia.
A parcela conta cunha superficie total de 78.006,60 metros cadrados. A capacidade edificatoria máxima ven dada pola aplicación dos seguintes parámetros:
-Ocupación máxima 20% da superficie da parcela.
-Área de Movemento da Edificación, AME: 28.101 metros cadrados (os dous recadros raiados en vermello no plano 1, dentro do ELP, sinalado en amarelo).
-Altura máxima da edificación: Baixo +1: 12 metros.
-Recúado mínimo a lindeiros: 5 metros.
-Espazo Libre de Parcela, ELP: 22.856 metros cadrados (corresponden, no plano 1, ao cadro amarelo).
-Terreos en estado natural ou área de amortecemento, TN AA: con case 22.000 metros cadrados (no plano 1, representada en cor verde).
-Viario e acceso. Produciríase a través da rúa de Juan de la Cierva, que se acondicionará debidamente desde os aparcamentos exteriores de MercaGalicia.
Ademais, as condicións de implantación establecidas no PEID, garanten a existencia de espazos reservados á circulación, manobra e estacionamento dos distintos tipos de vehículos que accedan á parcela.
Está previsto que o proxecto se desenvolva en dúas fases. Da primeira fase (en verde no plano 2), que contempla unha actuación sobre 41.876 metros cadrados, aprobouse, inicialmente, to pasado 28 de decembro, o proxecto de expropiacion por taxación conxunta, valorada en 167.763,71 euros. Nunha segunda fase (en cor marrón no plano 2) actuaríase sobre os 36.129,8 metros cadrados restantes.
O alcalde reúnese cos propietarios das parcelas nas que se ubicará a plataforma de mercadorías, para explicarlle o proceso de expropiación e pago dos terreos
29/01/2023 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse cos veciños e veciñas afectados pola expropiacion das parcelas nas que se ubicará a futura plataforma loxística de mercadorías para explicarlle o proceso de pago das súas fincas. No encontro estivo acompañado polos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, de Obras, Gonzalo Muíños, e pola técnica responsable da área de Urbanismo.
Na reunión explicáronlle aos veciños e veciñas que, unha vez que reciban a notificación, teñen un mes para presentar un escrito de alegacións. Nese escrito de alegacións teñen que manifestar o que consideren con relación ao prezo que se lle ofrece polas parcelas; o número de metros cadrados das súas fincas; e se como consecuencia da expropiación queda algún pequeno resto da parcela que podería ser antieconómico, solicitar a expropiación total, é dicir, de toda a finca. Tamén deben aportar todos os documentos de propiedade do terreo, e facer constar se hai algún erro en relación á titularidade da parcela.Segundo se lle explicou ás veciñas e veciños afectados, trala a aprobación definitiva é fundamental que no prazo de 20 días despois que lles chegue a notificación individual manifesten oposición ao prezo cos informes técnicos, se os teñen, e toda a documentación que poidan aportar ao respecto. Unha vez manifestada esa oposición, págase o prezo valorado pola administración; e enviase esa parcela ao xurado para que o xurado resolva no tramo que vai entre o prezo valorado pola administración (inferior); e o prezo que a propiedade teña aportado nese documento de oposición (superior). O último paso sería o pago desa diferencia, cos xuros correspondentes.