CENTROS SOCIOCULTURAIS
Segundo os datos aportados polo centro, en 2022 houbo 282 dias de actividades. Nas 179 actividades programadas (para familias e adultos) participaron 14. 097 usuarios/as. O ano pasado recibíronse en conserxería 2.703 chamadas, e atendéronse 5.187. 6.260 cativos e cativas fixeron uso das aula de xogo, e 2.160 da aula de novas tecnoloxías. Rexistráronse 4.850 préstamos e 7.130 usuarios/as da biblioteca. Sumadas todas as cifras, dá un total de 35.386 persoas usuarias dalgún dos servizos do CSC de Santa Marta en 2022.
Esta tarde programouse, para as cinco, unha canta de mel impartida por "Mel de Galicia" e para a cativada, á mesma hora, un contacontos e un obradoiro de marcapáxinas. Ás seis e cuarto, na biblioteca do centro, relatorio co xornalista e escritor, Diego Giraldez. E as seis e media, obradoiro creativo de decoración paspartú, para nenos e nenas de 6 a 8 anos.
Ás sete e media da tarde, na Sala Magán, proxectouse o vídeo "10º aniversario". A continuación, tivo lugar un monólogo a cargo do humorista Isi, e ás oito e cuarto da tarde, un ágape con acompañamento musical a cargo de García@Caamaño Duet. A xornada de aniversario rematou cun concerto de "Chaladura Rock".
Ademais do alcalde, e da concelleira de Centros Socioculturais, aos actos do décimo aniversario tamén asistiron María Rozas, e Xan Duro de Compostela Aberta; Goretti Sanmartín do BNG, e o edil non adscrito Javier Fernández.
O CSC de Santa Marta conta con 1.368,47 metros cadrados de superficie útil, distribuidos nun soto e dous andares. No primeiro andar atópase a recepción, a zona administrativa, a sala Agustín Magán, a aula de novas tecnoloxías, a aula de xogo, o patio interior, unha zona expositiva e un espazo común. E no segundo andar, a Biblioteca "José Saramago", salas de uso polivalente, sala de reunións e unha terraza.
A Sala Agustín Magán ten capacidade para 156 espectadores e está adicada a actividades culturais e artísticas orientadas a todos os públicos: teatro, música, cine, danza, conferencias, presentacións de libros…, etc.
Ademais o CSC de Santa Marta ofrece información e orientación á cidadanía sobre servizos e actividades do centro, da Rede Municipal de Centros Socioculturais e doutras áreas municipais. Entre os seus espazos destaca tamén a Biblioteca José Saramago. Situada no primeiro andar, ofrece servizos de información e referencia bibliográfica, préstamo e servizo de reserva, conexión á rede sen fíos, lectura en sala e formación de usuarios. Dispón de zona infantil e de adultos. Ademais, conta cunha programación de actividades fixas anuais e outras específicas de carácter cultural en torno ao libro e a animación á lectura.
O CSC de Santa Marta celebrou o seu décimo aniversario
27/01/2023 O Centro Sociocultura de Santa Marta celebrou hoxe, con distintos actos, o seu décimo aniversario. É un dos centros máis novos, xunto ao de Maruxa e Coralia, da zona vella. Inaugurouse hai dez anos, coma un equipamento municipal de barrio proxectado para toda a cidade e para todas aquelas persoas que queiran formar parte dunha programación sociocultural extensa e variada.
Aos actos asistiu o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo quen, na súa intervención agradeceu o traballo do persoal do centro e a resposta, tan positiva, das persoas usuarias. "Sodes os que lle dades contido os centros", sinalou. Antes, xunto á concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, realizou un percorrido polas instalacións: as aulas de xogo, a biblioteca José Saramago, e charlou coas persoas que participaban nas distintas actividades que se estaban desenvolvendo.Segundo os datos aportados polo centro, en 2022 houbo 282 dias de actividades. Nas 179 actividades programadas (para familias e adultos) participaron 14. 097 usuarios/as. O ano pasado recibíronse en conserxería 2.703 chamadas, e atendéronse 5.187. 6.260 cativos e cativas fixeron uso das aula de xogo, e 2.160 da aula de novas tecnoloxías. Rexistráronse 4.850 préstamos e 7.130 usuarios/as da biblioteca. Sumadas todas as cifras, dá un total de 35.386 persoas usuarias dalgún dos servizos do CSC de Santa Marta en 2022.