MEDIO AMBIENTE
Na inauguración do Punto Limpo, o alcalde destacou o traballo nesta materia da empresa concesionaria do Servizo de Limpeza, Urbaser, que dende a renovación da concesión hai dous anos presentou xa dúas novidades significativas, o Punto Limpo e unha nova nave nun terreo cedido polo Concello. Anunciou que se construirá outro Punto Limpo en Piñor e que non se descarta un terceiro, para que os veciños teñan sempre un preto.
Pola súa parte, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, aplaudiu ao Concello pola súa xestión medioambiental. Apuntou que con inaugurado, xa son 100 puntos limpos os existentes en Galicia e a intención de implicar a máis concellos nesta dirección.
19 contedores
O equipamento conta cun contedor para cada tipo de residuo e nel poderanse depositar: entullos; mobles; metais; colchóns; voluminosos de madeira; material electrónico; electrodomésticos de liña branca (lavadoras, secadoras, conxeladores, etc.); electrodomésticos de liña marrón (televisores, vídeos, cadeas de música, etc.); pneumáticos; restos de podas; vidro; papel e cartón; envases, latas e briks; baterías; pilas; tubos fluorescentes de iluminación; aerosois e sprays; aceites minerais e sintéticos (os usados por exemplo nos vehículos); e aceites vexetais (os de uso alimentario). Destes 19 contedores, os máis grandes chegan aos 25 metros cúbicos.
Non se admitirán outro tipo de residuos coma lixo urbano orgánico (é dicir, o que se deposita no contedor clásico); medicamentos, tanto líquidos como sólidos; residuos infecciosos ou clínicos; materiais explosivos e/ou radioactivos; e residuos non identificables.
O horario de funcionamento será de luns a venres de 11:00 a 14:00 horas pola mañá, e de 16:30 a 19:30 horas pola tarde. O sábado amplíase o tempo en dúas horas, de xeito que permanecerá aberto de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30. Para calquera dúbida sobre o Punto Limpo, Urbaser pon a disposición o teléfono 981 565 469.
Compostela conta xa co seu primeiro Punto Limpo
27/04/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o Punto Limpo do Polígono Tambre, acto que contou coa presenza do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.
Este Punto Limpo é o primeiro co que conta a cidade e está situado na Vía Edison, número 46, ao carón da nova nave da empresa Urbaser. É un centro de aporte voluntario de residuos que conta con 19 contedores e que poderá ser usado por todos os particulares que así o desexen a partir do día 2 de maio. A obra contou cun orzamento de 472.000 euros.Na inauguración do Punto Limpo, o alcalde destacou o traballo nesta materia da empresa concesionaria do Servizo de Limpeza, Urbaser, que dende a renovación da concesión hai dous anos presentou xa dúas novidades significativas, o Punto Limpo e unha nova nave nun terreo cedido polo Concello. Anunciou que se construirá outro Punto Limpo en Piñor e que non se descarta un terceiro, para que os veciños teñan sempre un preto.