DEPORTES
Ambas as dúas carreiras serán celebradas nunha futura data que se anunciará nos vindeiros días.
O Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo pregan aos participantes que desculpen as molestias que estes alteracións lles poidan ocasionar.
Comunicado sobre a anulación e o aprazamento IX Edición da Carreira San Silvestre, o Campionato de Galicia de 5 quilómetros e o cotillón de fin de ano
31/12/2022 O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Deportes, e a Federación Galega de Atletismo comunican a suspensión esta tarde da IX Edición da Carreira San Silvestre de Santiago e do Campionato de Galicia de 5 quilómetros en ruta por razóns de seguridade debido ás condicións meteorolóxicas adversas. Asi mesmo, estas condicións meteorolóxicas obrigan tamén a suspender o cotillón previsto a partir das 23 horas na Praza do Obradoiro coa actuación da orquestra Fania Blanco Show.
Por mor da previsión de fortes refachos de vento durante o día de hoxe que están xa a provocar problemas no mobiliario urbano, o Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo tomaron a decisión de cancelar e adiar a Carreira San Silvestre de Santiago e o Campionato de Galicia por razóns de seguridade.Ambas as dúas carreiras serán celebradas nunha futura data que se anunciará nos vindeiros días.
O Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo pregan aos participantes que desculpen as molestias que estes alteracións lles poidan ocasionar.