POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Setecentas personas achegáronse ata a Festa do Apego que cada ano desenovolve o departamento de Lingua Galega

30/12/2022 Unhas 700 persoas pasaron hoxe pola Festa do Apego, que se desenvolveu ata as oito da tarde tarde no Auditorio de Galicia. Entre elas o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol. Unha celebración pensada para as crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias, con propostas que afondan en valores como a dinamización da lingua galega, a educación en igualdade e o achegamento ás diferentes artes: danza, música, narración oral ou artes plásticas.

Ao longo da mañá e da tarde, a cativada puido gozar coa música da Cova das letras e de Mamá Cabra, os contos de Colectivo Noga, ou os espectáculos do grupo Golfiños, e de Migallas Teatro, que pechou a Festa do Apego con "30 anos cantando con migallas".

A festa do Apego tamén contou con obradoiros de danza para a familia, baixo o título de Armadanzas; de imprenta tipográfica; e de arte. Ademais a cativada puido brincar con distintos xogos tradicionais de temática agraria, como o Paporrubio.

A maiores,as familias e a cativada puideron acceder a numerosos recursos educativos en galego a través dunha exposición de Atlantic Ponte: de Brazolinda, un proxecto de deeseño e fabricación de xogos de mesa en galego; e de Fabaloba, un portal de recursos no noso idioma para a eduación infantil.

Compartir: