MOBILIDADE
No artigo 44 do mencionado real decreto, establece un sistema de axudas para implantar unha baixada do prezo dos abonos de transporte e títulos multiviaxe nun 50% para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de xuño de 2023. A convocatoria tamén sinala que as comunidades autónomas e entidades locais deberán financiar, con cargo aos seus propios orzamentos, o desconto de polo menos o 20 % no prezo dos abonos e títulos multiviaxes.
Desde o mes de setembro (e ata o 31 de decembro) xa se está aplicando en Santiago un desconto do 30% no bono ordinario, no bono escolar, e no bono mensual, subvencionado polo Goberno Central. Unha reducción da que se poden beneficiar todas as persoas que utilizan os bonos multiviaxe, máis de 17.000, que agora se incrementa un 20% grazas as aportacións que vai por en marcha o Concello.
O Concello de Santiago solicitará ao Goberno Central a subvención para a redución do 50% dos abonos de transporte urbano
30/12/2022 A Xunta de Goberno, reunida en sesión extraordinaria, acordou hoxe solicitar as axudas para a redución, á metade dos prezos dos abonos e títtulos multiviaxes do servizo de transporte urbano de viaxeiros. No bono escolar o prezo por viaxe reduciríase de 0,40 a 0,20 euros; no bono ordinario pasaría de 0,60 a 0,30 euros; e o bono mensual, polo que actualmente se pagan 26 euros, costaría 13 euros.
O día 28 de decembro publícouse no BOE o Real Decreto-lei 20/2022, de medida de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucrania e de apoio á reconstrución da illa de La Palma e outras situacións de vulnerabilidade. O documento determina o sistema de axudas directas, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2023, para a concesión de apoio financeiro ás Comunidades Autónomas e entidades locais que presten servizo de transporte colectivo urbano e interurbano.No artigo 44 do mencionado real decreto, establece un sistema de axudas para implantar unha baixada do prezo dos abonos de transporte e títulos multiviaxe nun 50% para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de xuño de 2023. A convocatoria tamén sinala que as comunidades autónomas e entidades locais deberán financiar, con cargo aos seus propios orzamentos, o desconto de polo menos o 20 % no prezo dos abonos e títulos multiviaxes.
Desde o mes de setembro (e ata o 31 de decembro) xa se está aplicando en Santiago un desconto do 30% no bono ordinario, no bono escolar, e no bono mensual, subvencionado polo Goberno Central. Unha reducción da que se poden beneficiar todas as persoas que utilizan os bonos multiviaxe, máis de 17.000, que agora se incrementa un 20% grazas as aportacións que vai por en marcha o Concello.