MEDIO AMBIENTE
Ademais, Mila Castro recordou que "tras varios meses de traballo, o Concello implantará en xaneiro o novo servizo de recollida de residuos 'porta a porta' que prestarán as empresas URBASER e COREGAL e que incorporará como principal novidade a separación dos restos orgánicos que se suma á división en vidro, papel-cartón, envases lixeiros e resto".
Recollida diaria porta a porta
A implementación deste sistema prevese para a segunda semana de xaneiro e terá unha frecuencia diaria con recollida de envases lixeiros a partir das 17.00 h, papel e cartón a partir das 20.30h, e fracción orgánica e resto a partir das 23.30 horas.
O despregamento deste novo servizo estase a acompañar dunha campaña de información e sensibilización que busca a implicación do sector da hostalaría, do comercio e da propia veciñanza para conseguir que Santiago se convirta tamén nun exemplo de respecto polo medio e de colaboración para deseñar un futuro mellor para as xeracións que veñen.
No marco destas accións, o Concello vén programando sesión informativas e visitas aos locales da zona para informar dos aspectos clave da recollida e entregando colectores específicos para o depósito dos residuos orgánicos e os envases lixeiros.
O Concello retira a compactadora de lixo da travesa de Fonseca
29/12/2022 Esta acción responde ao compromiso adquirido pola concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, coa Asociación de Veciños da Cidade Histórica Fonseca tras as demandas dos residentes da améndoa. Para substituír a compactadora, e ata que entre en funcionamento o servizo de porta a porta, colocaranse de xeito provisional uns colectores nos que a veciñanza e os establecementos da zona poderán depositar os seus residuos en horario de 19:00 a 23:30 horas todos os días da semana.
A concelleira Mila Castro expresou a súa satisfacción pola retirada da compactadora, xa que supón "dar un novo paso na sustentabilidade, na mellora do tratamento dos residuos da nosa cidade e, sobre todo, no coidado do patrimonio do casco histórico"Ademais, Mila Castro recordou que "tras varios meses de traballo, o Concello implantará en xaneiro o novo servizo de recollida de residuos 'porta a porta' que prestarán as empresas URBASER e COREGAL e que incorporará como principal novidade a separación dos restos orgánicos que se suma á división en vidro, papel-cartón, envases lixeiros e resto".