ACCIÓN CULTURAL
Na rolda de prensa de presentación, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, referiuse a esta cita como "unha sorte de tradición cultural que anuncia a proximidade do Nadal... un evento ben sinalado na ampla programación cultural do outono na nosa cidade". Rosón tamén salientou a importancia deste certame para "crear canteira e axudar a impulsar novas carreiras de cantantes novos e novas, menores de 35 anos, así como de poñer a Santiago no mapa dun circuíto moi concreto pero fundamental na estruturación da música clásica: os concursos de solistas".
"Chegar á quinta edición é chegar a unha cifra redonda que serve para facer balance. E o balance que facemos dende a organización é tremendamente positivo: o Concurso de Canto Compostela Lírica está consolidado no circuíto de certames desta natureza", sinalou Jesús Couceiro, presidente de Amigos da Ópera de Santiago, nunha rolda de prensa na que tamén participaron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.
Couceiro aproveito para agradecerlles ás institucións o seu apoio e fixo unha especial mención á contribución da Fundación José Otero-Carmela Martínez, que un ano máis financiará os galardóns, e do Consello da Cultura Galega, quen se implica coa contratación do recital co que se recoñece a voz galega no Premio Andrés Gaos. Couceiro, finalmente, quixo insistir na progresión que experimentou nos últimos cinco anos o Concurso de Canto Compostela Lírica. "A súa proxección internacional é innegable, demóstrao a relación de participantes e o nivel que se rexistra entre as voces inscritas aumenta sensiblemente cada ano", concluíu Couceiro.
Novo terceiro premio
O V Concurso de Canto Compostela Lírica aumentou este ano tanto o número de premios que entrega como a súa dotación económica. Así, nesta quinta edición pasarase de entregar dous premios a tres. O primeiro deles está dotado con 4.000 euros e contará con tres recitais remunerados (un coa Real Filharmonía, outro no marco do Festival Les Musicales du Luberon e un rol na temporada da Ópera de Oviedo). O segundo premio consistirá en 2.000 euros e nunha actuación remunerada en Santiago de Compostela. O novo terceiro premio estará dotado con 1.000 euros e un diploma acreditativo. Ademais, as voces de orixe galega competirán a maiores nunha categoría propia, o Premio Andrés Gaos, consistente nunha actuación remunerada patrocinada polo Consello da Cultura Galega. A dotación dos tres galardóns principais está financiada pola Fundación José Otero-Carmela Martínez.
Sesións abertas ao público
O Auditorio de Galicia acollerá o venres 2 de decembro a partir das 17.00 horas a primeira fase eliminatoria, na que cada participante interpretará un aria fronte ao público e ao xurado, conformado con nomes de recoñecido prestixio no mundo da ópera, que se encargará de escoller os finalistas que pasarán á segunda e definitiva fase do concurso. Esta fase final celebrarase no Auditorio de Galicia o sábado 3 de decembro a partir das 19.00 h, tamén será aberta ao público xeral e determinará os catro galardóns polos que se compite. A entrada será libre e de balde en ambos os dous días.
O xurado estará formado por Partrick Canac, fundador de Les Musicales du Luberon; Joan Company, director do Coro da Universidade das Illas Baleares; Aquiles Machado, director artístico de la programación Lírica da Coruña; Maciej Pikulski, pianista; Victoria Stapells, crítica musical; Graziela Valceva Fierro, mezzosoprano e profesora de canto; Celestino Varela, director artístico da Ópera de Oviedo, e Arturo Reverter, crítico musical. Este último exercerá de presidente, mentres que José María Miranda Boto, membro da Xunta Directiva de Amigos da Ópera de Santiago, actuará de secretario sen voz nin vota.
Vinte solistas de dez nacionalidades competirán esta fin de semana polos catro galardóns que outorga o V Concurso de Canto Compostela Lírica
29/11/2022 O Auditorio de Galicia acollerá esta fin de semana a fase eliminatoria e a final deste certame en dúas sesións abertas ao público, nas que competirán vinte voces orixinarias de países como Corea do Sur, Colombia, Israel, Serbia, Mongolia, Portugal, Estados Unidos ou Francia. O V Concurso Lírico, organizado por Amigos da Ópera de Santiago co apoio do Concello de Santiago, entregará un primeiro premio de 4.000 euros, un segundo de 2.000 e un terceiro de 1.000 euros.
Vinte cantantes de dez nacionalidades diferentes competirán esta fin de semana polos catro premios que se outorgan no Concurso de Canto Compostela Lírica, que neste 2022 chega á súa quinta edición. O certame, organizado por Amigos da Ópera de Santiago coa colaboración do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e Deputación da Coruña, contará este ano con voces orixinarias de países como Mongolia, Colombia, Polonia, Serbia, Israel, Portugal e os Estados Unidos, que achegan cadanseu representante. Pola súa banda, dende Francia e Corea do Sur participarán dous solistas. Os nove restante son de España e proceden de Canarias, Andalucía, Asturias, Valencia, Cataluña e Baleares. Finalmente, Galicia disporá de dúas voces en competición.Na rolda de prensa de presentación, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, referiuse a esta cita como "unha sorte de tradición cultural que anuncia a proximidade do Nadal... un evento ben sinalado na ampla programación cultural do outono na nosa cidade". Rosón tamén salientou a importancia deste certame para "crear canteira e axudar a impulsar novas carreiras de cantantes novos e novas, menores de 35 anos, así como de poñer a Santiago no mapa dun circuíto moi concreto pero fundamental na estruturación da música clásica: os concursos de solistas".