SMARTIAGO
Esta aplicación pode descargarse de xeito gratuíto nos sistemas iOS e Android e o seu funcionamento é moi sinxelo: unha vez descargada a aplicación, a persoa usuaria deberá rexistrarse cos seus datos persoais para poder monitorizar a súa propia ruta, podéndoa compartir cun coñecido ou familiar. Ademais, dependendo de factores como o modo de desprazamento elixido (a pé, en bicicleta ou moto), a persoa usuaria obterá puntos que poderá trocar en Smartket: un espazo virtual onde se atopan varias entidades e comercios locais que ofertan os seus servizos ou produtos con descontos.
Polo de agora a lista de colaboradores comprende o Centro Comercial As Cancelas, a tenda ecolóxica de comestibles A Cesta da Saúde, o Multiusos Fontes do Sar e a tetería e ecotenda O Xardín dos Soños.
SmartWay Smartiago é unha aplicación que está en constante revisión para seguir mellorando a súa utilidade e que facilitará ao Concello de Santiago posicionar a cidade como pioneira no fomento da mobilidade intelixente e sostible, podendo trasladar o seu uso a outras Cidades Patrimonio de España.
Proxecto Xemelgo
Dentro da liña de actuación de mobilidade atópase a iniciativa do Xemelgo Dixital, impulsado pola empresa Itera Técnica, que versa na creación dun modelo plenamente funcional e o máis próximo posible á realidade de Santiago de Compostela.
Para levar a cabo este proxecto substituíronse 22 bancos de mobiliario urbano en diferentes puntos da cidade. Cada un deles conta cun sensor que capta o movemento da cidadanía.
Con este prototipo virtual poderanse modelar fluxos de mobilidade peonil e, sobre todo, estimar o impacto sobre os mesmos cos cambios que se produzan na contorna urbana.
O obxectivo final que persegue esta iniciativa de vangarda é acadar unha mellor planificación urbana e xestión de actividades ao poder contrastar as predicións dos resultados deste xemelgo dixital coa evolución dos movementos das persoas reais.
Smartiago
O Concello de Santiago de Compostela impulsa a iniciativa Smartiago como estratexia para responder aos retos de innovación implicando no proceso a axentes do Sistema de I+D+i local, rexional e nacional. O seu obxectivo principal é a posta en marcha dun conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das cidades intelixentes encamiñadas a converter a capital galega na primeira iniciativa que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación de I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio no seu conxunto, de maneira que os resultados sexan altamente escalables, eficientes e replicables noutras cidades ou contornas nos que o Patrimonio Histórico sexa un atributo distintivo das mesmas.
O proxecto Smartiago desenvólvese en virtude a un convenio de colaboración da Liña FID (Fomento da Innovación desde a Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago de Compostela e está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, e nun 10% pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Máis de 130 persoas fomentan unha mobilidade sostible en Santiago grazas á App SmartWay Smartiago
28/11/2022 A app SmartWay Smartiago, que se pode descargar de xeito gratuíto nos sistemas iOS e Android, enmárcase no proxecto Xemelgo Dixital de Smartiago, impulsado polo Concello de Santiago. As persoas usuarias obterán premios que poderán trocar no Centro Comercial As Cancelas, A Cesta da Saúde, Multiusos Fontes do Sar e O Xardín dos Soños.
Un total de 134 persoas xa contan no seu teléfono móbil con SmartWay Smartiago, a aplicación que premia á cidadanía que promove a mobilidade sostible en Santiago de Compostela dentro do proxecto Xemelgo Dixital, enmarcado na iniciativa Smartiago impulsada polo Concello de Santiago.Esta aplicación pode descargarse de xeito gratuíto nos sistemas iOS e Android e o seu funcionamento é moi sinxelo: unha vez descargada a aplicación, a persoa usuaria deberá rexistrarse cos seus datos persoais para poder monitorizar a súa propia ruta, podéndoa compartir cun coñecido ou familiar. Ademais, dependendo de factores como o modo de desprazamento elixido (a pé, en bicicleta ou moto), a persoa usuaria obterá puntos que poderá trocar en Smartket: un espazo virtual onde se atopan varias entidades e comercios locais que ofertan os seus servizos ou produtos con descontos.