ALCALDÍA

A xuntanza informativa coa veciñanza de Villestro e Laraño afectada pola construción dunha liña de alta tensión celebrarase o venres 7 de outubro

29/09/2022 A reunión, que estaba prevista incialmente para este venres 30, celebrarase o VENRES 7 DE OUTUBRO ÁS 20.00 horas no local social de Laraño.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, convoca a toda a veciñanza de Laraño e de Villestro afectada polo proxecto de liña aéreo-subterránea 220 kV SET PE A Picota 220 kV-SET colectora Nova ao seu paso por Santiago de Compostela, a unha xuntanza informativa na que se explicarán as alegacións presentadas polo Concello.

A xuntanza terá lugar ás 20.00 horas do venres 7 de outubro no local social de Laraño.

A relación de persoas afectadas foi publicada no DOG do 22 de agosto de 2022.

Compartir: