ALCALDÍA
O alcalde, a Corporación e todas e todos os traballadores municipais únense á dor da súa familia, das súas amizades e dos compañeiros do Parque de Bombeiros.
O tráxico suceso tivo lugar arredor das 8.20 desta mañá na parroquia de Aríns, no lugar da Cacharela, ata onde se desprazou unha dotación de bombeiros tras recibir un aviso de incendio nun autobús, que nese momento se atopaba sen pasaxe.
Durante a montaxe do operativo para proceder a apagar o incendio, de forma sorpresiva, o autobús desprazouse e atropelou un bombeiro en prácticas que estaba de observador, sen intervir no dispositivo. A pesar da rápida intervención dos servizos sanitarios non foi posible a súa reanimación.
O Concello de Santiago decreta tres días de loito oficial polo falecemento dun bombeiro nun operativo
30/08/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, decretou esta mañá tres días de loito oficial en sinal de dó polo falecemento dun funcionario do Servizo de Extinción de Incendios no marco dun operativo na parroquia de Aríns.
Os días 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta en sinal de dó polo falecemento dun bombeiro do Servizo de Extinción de Incendios de Santiago, en virtude do decreto asinado esta mañá polo alcalde de Santiago no que se establecen tres días de loito oficial.O alcalde, a Corporación e todas e todos os traballadores municipais únense á dor da súa familia, das súas amizades e dos compañeiros do Parque de Bombeiros.