XUNTA DE GOBERNO
Por outra banda, aprobouse o convenio de colaboración coa asociación Médicos del Mundo, por un importe de 10.000 euros. Desenvolverase a través da UAMI (Unidade de Atención ás Migracións) do Concello de Santiago, e o seu obxectivo é mellorar o acceso e utilización dos servizos socio-sanitarios por parte da poboación migrante en situación de vulnerabilidade. Na reunión do executivo municipal tamén se tomou coñecemento da sinatura do convenio de colaboración, por unha contía de 12.000 euros, asinado coa "Asociación Para a Promoción Social e a Inserción Laboral Plataforma Polo Emprego", para o ano 2022.
Tamén se aprobou unha addenda ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Santiago e Abanca Corporación Bancaria S.A coma entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da Praza de Abastos "Bonos Corazón Praza de Abastos", pola que se amplía o período de subvencionabilidade dos gastos ata o 17 de setembro de 2022.
A Xunta de Goberno Local adxudica o servizo de mantemento dos ascensores e salvaescaleiras dos edificios municipais
29/08/2022 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, acordou adxudicar o servizo de "Mantemento dos ascensores e salvaescaleiras dos edificios e locais municipais do Concello de Santiago" á empresa Ascensores Enor, SL. por un importe de 44.097,24 euros IVE engadido. O prazo de execución do contrato, segundo o expediente, é de dous anos, con posibilidade de prórroga de dous anos máis.
Tamén se aprobou a solicitude de subvención, por parte do Concello de Santiago, dunha axuda da Consellería de Sanidade para subvencionar o programa e actividades do "Proxecto de prevención de conductas adictivas", durante o período 2022-2025. (DOG nº 153, de 11 de agosto de 2022). Estes proxectos, que serían desenvolvidos pola UMAD (Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias) terían custe total de 271.000 euros. Desta cantidade, o Concello aportaría un 38%, é dicir, 102.980 euros; e o resto, o 62%, 168.020 euros, financiaríase coa citada achega.Por outra banda, aprobouse o convenio de colaboración coa asociación Médicos del Mundo, por un importe de 10.000 euros. Desenvolverase a través da UAMI (Unidade de Atención ás Migracións) do Concello de Santiago, e o seu obxectivo é mellorar o acceso e utilización dos servizos socio-sanitarios por parte da poboación migrante en situación de vulnerabilidade. Na reunión do executivo municipal tamén se tomou coñecemento da sinatura do convenio de colaboración, por unha contía de 12.000 euros, asinado coa "Asociación Para a Promoción Social e a Inserción Laboral Plataforma Polo Emprego", para o ano 2022.
Tamén se aprobou unha addenda ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Santiago e Abanca Corporación Bancaria S.A coma entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da Praza de Abastos "Bonos Corazón Praza de Abastos", pola que se amplía o período de subvencionabilidade dos gastos ata o 17 de setembro de 2022.