MEDIO AMBIENTE
Para facer accesible a información á cidadanía, o Concello de Santiago de Compostela tamén acaba de iniciar unha campaña informativa que chegará a todas as vivendas do municipio coa información básica do novo servizo e na que se presenta esta páxina web e a marca Santiago Sostible como referencia para todo o que teña que ver coa limpeza viaria e a recollida de lixo.
Moito máis que unha marca
Santiago Sostible será a marca paraugas para todas as iniciativas relativas ao servizo de limpeza viaria e recollida de lixo, un servizo de grandes dimensións que leva aparellado o cambio de 2000 colectores e a incorporación paulatina ata mediados de 2023 de 22 camións cero emisións, que funcionan a gas natural, 17 deles recolectores.
"Queremos mellorar a calidade de vida da nosa xente, por iso cambiaremos as actuais fregadoras e varredoras por outras eléctricas que minimizarán os ruídos nas nosas rúas", serán 2 fregadoras, 5 lavabeirarúas y 6 varredoras, engadiu Mila Castro.
Xunto a isto, optimízanse as frecuencias das recollidas de lixo, e ademais, como novidade, ponse en marcha tamén un servizo especial de limpeza urxente e recollida de lixo na cidade durante as 24 horas, os 365 días do ano: SELURSA. Trátase dun servizo habilitado polo Concello para facer fronte a incidencias relacionadas coa limpeza que poden estar provocadas por múltiples factores imprevisibles no día a día.
Casco Histórico
Un dos esforzos máis importantes será o da posta en marcha no casco histórico dun novo e ambicioso proxecto que pretende eliminar a compactadora existente na actualidade por un servizo de recollida porta a porta para as empresas e un sistema de illas de quita e pon para o lixo domiciliario.
Durante a presentación da web santiagosostible.gal, a concelleira de Medio Ambiente puxo en valor a relevancia do retos aos que fai fronte a cidade co pulo a esta nova iniciativa. "Somos conscientes dos importantes retos aos que estamos enfrontando e que precisarán de moito traballo de sensibilización e información á cidadanía para conseguir una cidade máis limpa e máis sostible, que é cousa de todas e todos", argumentou Castro.
Colector marrón e compostaxe
Finalmente, a concelleira sinalou que desde a web Santiago Sostible tamén se informará dos diferentes xeitos de participar no novo plan de xestión de materia orgánica que xa está en marcha por medio da compostaxe (individual e comunitaria), pero que será no mes de setembro coa instalación dos primeiros colectores de orgánica cando se informará ás familias de como poder participar.
O Concello presenta santiagosostible.gal, un punto de encontro para todas as iniciativas relacionadas co novo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo
25/08/2022 A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentou esta mañá no parque de Galeras a nova imaxe e a web do servizo de limpeza viaria, santiagosostible.gal, un punto de encontro da cidadanía co servizo. Este espazo servirá para facer máis accesible a información e simplificar certos trámites, como por exemplo a solicitude de composteiros, e permitirá tamén achegar dúbidas e suxestións ou contactar co servizo de recollida de voluminosos a domicilio, entre outros. Na rolda estivo acompañada por técnicos do Concello e responsables da concesionaria do servizo.
"Queremos crear unha canle de comunicación directa entre o servizo e a cidadanía, e facer así máis accesibles as tramitacións, axilizando a resposta ás peticións da veciñanza", indicou a concelleira, que fixo fincapé en que "todas as iniciativa relativas ao novo servizo de limpeza se aglutinarán baixo esta marca, Santiago Sostible, que, como o seu nome indica, procura unha cidade máis coidada, limpa e sostible".Para facer accesible a información á cidadanía, o Concello de Santiago de Compostela tamén acaba de iniciar unha campaña informativa que chegará a todas as vivendas do municipio coa información básica do novo servizo e na que se presenta esta páxina web e a marca Santiago Sostible como referencia para todo o que teña que ver coa limpeza viaria e a recollida de lixo.